Bo día! Xa temos aquí a fin de semana! E non é unha
fin de semana calquera…Celebramos o domingo 17 O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Lembrades que este ano se lle adican a Ricardo Carballo Calero (xa falamos del
na clase e fixemos un cartel que podedes ver neste blog).
Así que hoxe o traballo que vos propoño ten que ver
con este persoeiro. Póñovos aquí o enlace onde podedes ler e escoitar o seu
conto e varias cantigas de “As pitas baixo a choiva” http://aspitas.gal/.
Tedes unha serie de actividades que tamén podedes facer. As que eu quero que me
mandedes son as seguintes: 
1.      Escribe
unha pequena biografía sobre o autor
2.      Contesta
por escrito:
   ✎Que
personaxes interveñen no conto ?
   ✎Onde
pasaba o verán o neno?
   ✎De
que se alimentaban as galiñas?
   ✎Como
procuraban o alimento?
   ✎Que
miraba o neno dende a xanela?
   ✎Que
fixo cando empezou a chover?
   ✎Que
día da semana o visitaba o pai ?
   ✎Que
quere dicir: ...“Tiñamos unha cabuxa ... que ía trás de nós, como un
cadeliño...?”
   ✎Onde
pasaba moito tempo o neno ?
   ✎En
que cavilaba o neno ?
   ✎Como
lle axudaron os seus familiares?
   ✎Que
lle pasou á avoa?
   ✎Como
remataron todos?
   ✎Quen
escribiu este relato?
   ✎
Que sabes do autor?
Boa fin de semana!!!