OLA, FAMILIAS!
 Xa estaredes ao tanto
de que hoxe é  o “Día do Libro”.
 Se a  lectura é sempre un medio para transmitir
cultura, para entreternos e facernos viaxar…nestes momentos  consideramos que é IMPRESCINDIBLE.
Dende a Biblioteca do noso cole tentamos transmitirlle aos
nenos e nenas o gusto pola lectura; sabemos da importancia que ten no seu
desenvolvemento, non só a nivel académico, senón tamén persoal.
 Como non podemos
celebralo como pensabamos, ocurriúsenos que igual podiades gravar un vídeo cun
“contacontos” familiar e enviárnoslo ao correo do cole
(ceip.sansalvador@edu.xunta.gal) para que o puidésemos subir á páxina web.
 Que vos parece?
Seguro que é unha experiencia agradable e enriquecedora!
ANIMÁDEVOS!!!
Poñémosvos aquí  tamén
uns enlaces nos que podedes ver e escoitar unha serie de Contacontos.
Enlace Kalandraca (os contos están na marxe esquerda, pinchade nos que queirades)
Enlace a Fundación: Sopa de piedra /  Mi garbanzoooo / Juan Churriguete
Enlace Literatura infantil
Un saúdo para todos e todas. E moito ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario