Bos días familias, alumnos e alumnas. Qué tal estamos?
Hoxe propóñovos un traballo faciliño, de repaso, porque xa o fixemos e algún dirá que xa o fixen, pero esta vez ímolo facer aínda mellor que no libro do cole.
Como o día está chuvioso, se queredes pola tarde, para toda a familia, propóñovos que faledes cos nenos e nenas e vos mesmos reflexionedes sobre a emoción: o ALIVIO, nestes momentos creo que pode ser un sentimento que a todos nos afecta. Podedes tentar, anque non é doado, representala nalgún debuxo no que os peques deixen voar a sua creatividade. Se queredes podedes mandarmos ao correo, coma sempre.
Unha aperta virtual para todos. Julia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario