A semana pasada repasamos os nomes ou substantivos. Hoxe tocan os adxectivos. Vale?
Primeiro un pequeno vídeo, despois explicación en esquema para rematar con algún exercicio.


Este boneco podédelo facer na libreta. Primeiro debuxades a cara e despois poñédeslle adxectivos.Se non o queredes debuxar podedes recortar unha cara de revistas ou de libros vellos, ou de periódicos.
E se vos representades a vós mesmos podedes coller unha foto e poñer os adxectivos que vos describen.

ESTA FICHA É PARA QUE FAGADES MANUALIDADES.Podédelo deixar para a fin de semana.
DEBUXADES AS CARAS E LLE POÑEDES O ADXECTIVO POR DETRÁS, DESPOIS XOGADES COA FAMILIA A VER SE ACERTAN QUÉ ADXECTIVO REPRESENTA.
FACEDES FRASES ORAIS: ESTE NENO É. OU ESTÁ..ALEGRE(por exemplo).
O neno con libro adaptado debuxará as caras e irá dicindo se está alegre, triste, sorprendido...
Ou pode ser a familia quen llos debuxe e el diga o adxectivo, ou pode sinalar as caras que representen cada un dos adxectivos que lle vai dicindo a persoa que está con el facendo o exercicio.
RECORDO A TODOS OS FAMILIARES DOS NENOS QUE PODÉDESME ENVIAR OS VOSOS TRABALLOS AO MEU CORREO (maria.teresa.de.araujo@edu.xunta.es), estou recibindo moi poucos.
(Facedes unha foto do traballo do voso fillo e ma enviades dende o voso correo).