lunes, 27 de abril de 2020

MÚSICA 5 E 6 PRIMARIA

Bos días nenas e nenos!! 

 Bos días familias!! 


 A perspectiva dunha nova semana que comeza sempre é algo fantástico porque se nos abre a posibilidade de poder facer cousas novas! 




Esta semana por suposto non vai ser unha excepción 



Vos teño reservado algo especial, divertido e que vai requerir pola vosa parte de certa destreza e habilidade 

Estades preparad@s!! 




DENTRO VIDEO!!!

 E antes de marchar...unha canción para bailar!!


MÚSICA 3 Y 4 PRIMARIA

Bos dias nenas e nenos!! 

 Bos días familias!! 



 Hoxe iniciamos unha nova semana e chove...mi madriña como chove!!



Polo que dado que a perspectiva vai ser quedar na casa...



Que vos parece si aproveitamos para facer un pouco de música con instrumentos que podedes elaborar con cousas que tedes na vosa cociña? 




 Dentro videos!!


E antes de marchar....unha canción para bailar!!


MÚSICA 1 E 2 PRIMARIA

Bos días rapaces e rapazas!! 

 Bos días familias!! 



Unha semana máis que comeza e a mellor maneira de empezala e con boa música!! 



Música que desta volta teremos que facer todos e todas nós cun instrumento músical un tanto insolito... 




pero que seguro que vos van a encantar 

DENTRO VIDEO!!

 E coma sempre antes de marchar...unha canción!!


MÚSICA INFANTIL

Bos días nenas e nenos!! 

Bos días familias!! 



 Comeza unha nova semana e con ela unha nova oportunidade para que fagamos cousas divertidas e moi molonas desde a clase de música.



Hoxe vos teño preparado algo guay non...moi guay tampouco...super super guay!!


  
 Imos a facer música con instrumentos musicais que podemos facer todos e todas nas nosas casas. 

O vídeo conten varias propostas de instrumentos para que poidades escoller a que máis vos guste!! 

 Dentro vídeo


E antes de marchar, coma sempre unha canción!!


Aburiñooo

5º e 6º de Infantil

Bos días familias e meus nenos e nenas.
¿Qué tal o primeiro día de saída á rúa? Espero que me fagades un debuxo do que fixestes onte. Creo que non rematará o curso sen que poidamos estar xuntos algúns días e entón poderemos ver todos eses traballos. Hoxe quero invitarvos a ler un conto. Vós poderedes escoitalo e lerllo aos papás e mamás ou aos vosos irmáns.
Está neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=iSxHhOKFT3A 
Titulase Una Casa para el Cero, como ten pictogramas ademáis de letra, cun pouquichiño de esforzo e atención seredes capaces de lelo.
Tamén vos envío duas fichas da letra t e unha de lectura. Facedeo pouquiño a pouquiño e lembrade o que moito corre pouco adianta porque adoita sair regular.
Un bico virtual  moi forte. Julia.




Traballos de ATENCIÓN 1º E.P.

Bo día chicos!
Espero que onte fixésedes ben a saída , que esteades máis relaxados.
Hoxe vou poñer uns exercicios de atención...téndevos que fixar par non cometer erros.Son apropiadas tamén para o neno co libro adaptado. Primeiro facedes este do video coa axuda dun familiar
Se non tendes impresora as vosas familias pódenvos axudar a debuxalo e vós o pintades. A ver se é posible.
DESPOIS PODEDES VER O VIDEO DE PENSAMENTO LÓXICO QUE VOS VAI ENCANTAR E O TRABALLADES COA FAMILIA👍😄






Para o neno co libro adaptado.






PARA TODOS






PARA TODOS


USADE AS CORES QUE VOS PIDEN...


AQUÍ UNIDES...E SI PODEDES IMPRIMILO O COLOREADES.











ESTE É PARA O NENO DO LIBRO ADAPTADO, DEBE COLOREAR AS SÍLABAS le que se corresponde coa palabra LEÓN.

INGLÉS DE 2º A 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 
                 CAN OR CAN´T
                   Yes, we can !

Enjoy the activities and have lots of fun.
   -Disfruta das actividades e divírtete moito .      

 Today we are going to practice : 
                                                                                   Hoxe imos practicar :

-What can you do ? and What can´t you do ?
     - Qué sabes facer ? e Qué non sabes facer ? 
     - As actividades están adaptadas ao alumnado con Necesidades educativas e ACS.

-Click on the picture to watch the video .
      - Pincha na imaxe para ver o vídeo.
       





-Say , draw and write all the actions of the video you can do : 
                                             -I can run , I can swim …


-Di, debuxa e escribe  todas as acción do vídeo que podes facer :

                                            - Eu podo correr , Eu podo nadar ..
                   


-Say , draw and  write all the actions of the video you
 can´t do :

                                 -I can´t ride a horse,  I can ´t drive  …


-Di , debuxa e escribe todas as acción do vídeo que non  podes facer :

       - Eu non podo montar a cabalo , Eu non podo conducir ...


-Play this board game . You need a dice and one or more people to play. 
                                               - Xoga a este xogo . Necesitas un dado e unha ou máis persoas para xogar.







- Watch this video .
                                    - Mira este vídeo.






Do these activities . When you finish  ,click on " Finished " and don´t forget sending them to my E- mail address: evamaria.perez@edu.xunta.gal
                                    - Fai estas actividades . Cando remates pincha en " Terminado " e non equezas envialas ao meu correo : evamaria.perez@edu.xunta.gal


                                           
                                             


         


                                       


- Let´s play some Spelling and comprenhension 
online games :

                        - Xoguemos a algún xogos online de deletrear e de comprensión:


                              








                                                             




                                 
https://www.education.com/game/bossy-r-words-spelling/

MATEMÁTICAS 1º

Ola nenos !!!
Que tal a primeira saída? Seguro que xa tiñades moitas ganas e o pasastes fenomenal ainda que so fora un paseiño. Imos co traballo de hoxe.

1.-



Trabajo adaptado. La ficha de hoy es la siguiente:


6º Primaria


Bo día! Que tal   de fin de semana? Saístes a pasear? Espero que sí e que fósedes responsables seguindo todas as medidas de seguridade.
Imos empezar co traballo desta semana, que xa sabedes que é un pouco máis curta porque o venres é festivo.

LENGUA

Ya llevamos un par de semanas que no hacemos la redacción contando lo que nos pasó en el fin de semana; así que hoy toca. Recordad las partes de que debe  constar y el vocabulario que debemos emplear.

Copiamos la 2ª parte del recuadro de la pág. 126 (palabras con v) y lo memorizamos.

Pág. 127. Ej.5

MATEMÁTICAS

Recordad que en los ejercicios que os mando tenéis que indicar los pasos que se van haciendo (como os lo he explicado y como viene en el libro), no vale que hagáis las operaciones directamente.

Hoy, seguimos con LOS PORCENTAJES

Pág. 116. Lectura del recuadro y ej. 1- 2.

C. DA NATUREZA

Le a páx. 85 (As sustancias puras) e fai os ex. 1- 2.

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola familia!!

Xa sabedes que neste blogue 4º de Educación Infantil propón actividades  para a semana.  Podedes ir facéndoas dun xeito flexible respetando os tempos e traballos de toda a familia. Para facilitar o seu uso,  tedes á dereita do blogue unha serie de cursos en azul; se clickeades enriba de  4º DE EDUCACIÓN INFANTIL despliégase todas as actividades ordeadas por días de publicación, así se queredes repetir algunha podedes facelo dun xeito sinxelo ou facer aquela que vos quedara atrás.

Ola nenos e nenas!!!Este fin de semana foi especial!!! O Domingo foi o primeiro día no que poideches   sair de paseo, BEEEEEENNNN!!

OLLO PIOLLO !Espero que cumplirades as normas que colgamos na web do cole para sair con responsabilidade e poder regresar todos e todas á normalidade moi pronto!

Nós tamén saimos. Fumos SOPA, LASAÑA e máis EU. Ao final fixéronse moi amigas, agora toléanme as dúas!!E coma sempre;  liáronme para poñervos as actividades!  Pero primeiro estiveron xogando aos disfraces.....xa vedes que pintan sacaron na foto!! Tiven que cantarlles a canción de "recoller" tres veces!! Porque deixaron os trapos, capas, saias, gorras, lentes,....todas por ahí tiradas!




Sopa e Lasaña querense tanto que se dan moitas apertas, por iso vos recomendo que escoitedes este conto "El libro de los abrazos"enlace
Despois de escoitar o conto como pensades que serán as apertas que se dan Sopa e Lasaña? Podedes debuxalas;  OLLO PIOLLO coas cores que ten Lasaña, tedes que coloreala igualiña, eh?
Tamén podedes debuxar a aperta que máis vos gustou do conto, ou ben debuxaros abrazando a algún familiar!!! Ayyyy estamos taaaan content@s por sair que repartimos apertas na casa!!

- E porque non? Seguemos a xogar coas trabalínguas , pulsamos no enlace e co cursor baixamos ata chegar a "Pasei polo rio"enlace
A ver se somos capaces de aprendelo durante a semana e non vos fai un lío a língua!

- E para seguir coas vogais esta semana imos incorporando unha das vellas coñecidas, a vogal "I". A máis sinxela de facer, é un pao grande e se a facemos pequena temos que poñerlle un punto enriba "i".

- Lembrades como soa? No conto eran uns ratos que asustados escaparon ao monte para esconderse debaixo dunhas follas secas ; os irmáns Pepita e Miguel que eran moi trastes saltaban enriba delas....así que os ratos chíaban asustados "iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii"!!! (levantamos un dedo -o índice-).

- Coma sempre hai primeiro que buscala no noso nome e tamén atopala nos nomes dos compañeiros/as. Podemos facela nunha folla en grande e decorala como queiramos, despois podemos pegala nalgunha parte da habitación ou pasillo e imos así adornando a nosa casa coas vogais que imos facendo. E se escoitamos a canción das vogais (podedes buscala á dereita deste blogue, clickeando no curso, o día que foi publicada), podemos ir sinalando aquelas que vai dicindo a canción.


En breve teredes os vosos libros na casa. Xa podedes seguir avanzando neles, facendo pouco a pouco as fichiñas.

- O libro de "Grafomotricidade" onde aparecen tódolos monstros amigos de Lasaña: Para traballar con el temos que facer o seguinte; na parte de atrás da ficha indicate o que debes facer, si é repasar un camiño de puntos lembrade que primeiro o facemos en lápis moi despaciño procurando non sair deles e despois con rotulador (a ser posible de punta grosa).OLLO PIOLLO: Tedes que empezar no punto vermello e seguer o sentido que marca a flechiña pequena . Unha vez feito os camiños de puntos podemos colorear os monstros, sen sairse por fóra e enchendo ben os ocos.

- O libro de "Matemáticas 1": Nel aprendemos moitas cousas relacionadas coas matemáticas. Na parte de atrás da ficha indicate o que tes que facer, ás veces tamén temos actividades pola parte de atrás das fichas, hai que prestar moita atención. Se non temos actividades por detrás podemos facer un debuxo libre do que queiramos. Xa sabedes que si hai que repasar por unha liña de puntos primeiro o facemos cun lápis e despois cun rotulador. OLLO PIOLLO: Ter moito coidado coa direccionalidade á hora de repasalo, empezar no punto vermello.

Se imos traballar co nº 3, é importante que primeiro xoguemos a facer grupos de tres cosas e ir contando cantas temos, sinalando ao mesmo tempo o nº 3; así eles/elas van relacionando a cantidade coa grafía. Tamén podemos pedirlle que nos traigan tres cousas, e que nola conten no momento de darnoslas, asi comproban se o fan ben ou se confundiron e van rectificando.
Podemos escoitar  cancións dos números que hai en youtube.

- O libro da "Mariquita": Este proxecto relacionámolo coa horta ("a mesa de cultivo") que temos. Grazas as xoaniñas coñecemos máis o hábitat onde medran as prantas. Na parte de atrás das fichas indica o que tes que facer. Lembrar que ao rematar poñemos o nome por detrás da ficha. Este cadernillo ten pegatinas e recortables, para saber onde toca empregalos ten un nº neles que indica a que ficha a que  corresponde.

OLLO PIOLLO:Facer unha fichiña de cada caderno, ir cambiándolles de caderno. Sen forzarlles moito. Hai nenos/as que as fan sen dificultade e poden facer tres ao día, como hai que soamente son capaces de facer unha. Así que respetamos o ritmo de traballo de cada neno/a. O que sí esiximos é que se fagan ben, millor poucas e ben feitas que non moitas e mal. O máis importante é facelas ben (dentro das posibilidades de cada neno/a).

Espero que xoguedes moito, que recollades todo e que mandedes bicos de fresa ao aire, que seguro algún me chega!!!

BICOS DE FRESA E APERTAS DULCES
E POR PARTE DE LASAÑA E SOPA LAMBETONES DE CHOCOLATE

A vosa titora PAQUI



TRABALLO 2º PRIMARIA

Hola chic@s, ¿Qué tal el finde? Seguro que algunos ya habéis salido a dar una vuelta y otros preferís esperar, poco a poco.
Vamos a ponernos en marcha con el trabajo para hoy:

LINGUA:
Imos  empezar a semana lendo que xa sabedes que é moi importante



MATEMÁTICAS:
Ficha de multiplicaciones, no vale mirar las tablas. Si os cuesta hacerla quiere decir que tenéis que repasar las tablas un poco más.

C.SOCIAIS:
Imos recordar as normas de circulación e as sinais de tráfico con este vídeo.
Logo facer a seguinte ficha:
LENGUA:
Recordemos esta norma de ortografía y luego haced los ejercicios.