Mostrando entradas con la etiqueta 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día a tod@s!!!

Brilla o sol! A herba medra e os campos están coloridos!! A primavera está a piques de deixar paso ao verán, tempo de vacacións, de praia, piscina, montaña, aldeas, viaxes, etc





Se quedamos en Vigo temos moitos sitios que visitar e seguro que moitas cousas que facer!

Seguemos cos cadernillos facendoos moi, moi ben.

E xogamos coa orella pendella para facer xogos en familia e memorizar!! Prememos no enlace  Lembramos unha cancionciña de cando eramos máis pequen@s.

Repasamos o nº 3 en follas feitas pola nosa familia onde apareza este nº, e facemos grupiños de tres cousas que temos por casa por familia (por exemplo: tres prendas para vestirse, tres utensilios que nos sirven para comer, tres cousas del baño, tres xoguetes, etc.). As familias poden cambiar en cada grupo algunha cousa dos grupos feitos e pedirlle ao fillo/a que diga cal é o intruso (por exemplo: en tres piezas de roupa, quitar unha e por un xoguete. Pedir ao neno/a cal non está ben e porqué).
Para non esquencernos de contar ata o nº tres e recoñecelos imos premer no seguinte 
enlace .

Espero que pasedes unha boa semana, con tempo para traballar e xogar en familia!
Un bico grande, grande de xeado de fresa que chega o verán!!!
A vosa titora Paqui.




martes, 2 de junio de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día a tod@s!!

Aínda que choveu e tronou o sol non nos abandonou, así que podemos ir a praia deseguido!
Que ben xogar coa area, facer castillos, chapuzar coa auga, facer figuriñas, facer buratos  coa pala, etc.

Espero que os vaia ben cos cadernillos, facendoos despaciño pero sen tregua!!

Lembrade que hai que facelos ben, coidando de non sairse polas liñas e coloreando enchendo todos os ocos.

 Hai que traballar e non protestar, facendo caso ás nais, pais, avóas, avós, tios, tias, etc. cando nos manden facer algo.

Seguemos a traballar a memoria, coa orella pendella! Seguendo as indicacións para as familias e traballlar cos nenos/as, facemos "Man morta". Prememos no enlace

Podemos buscar cancións nos enlaces doutros dias ou mesmo escribindo en youtube cancións de vogais.

As familias poden escoller unha vogal e facela nun papel para que os nenos e as nenas as repasen e non perdan práctica. Así mesmo cos números.

Podemos seguir facendo un pouco de psicomotricidade na praia ou na rúa, dando saltos pequenos e saltos grandes, dando pasos pequeños e pasos grandes, abrendo e pechando as pernas, abrendo e pechando os brazos!!

Espero que esta semana traballedes e xoguedes moito!

Moitos bicos de xeado e apertas de chuches
A vosa titora Paqui

jueves, 28 de mayo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día a todos e todas!!

Chegou a fase 2!!! Estamos a facelo moi ben, así que xa podemos meternos na auga da praia!!


 Espero que traballedes nos cadernos. Podedes debuxar algunha xoaniña e pintala das cores que teñen, lembrade que tamén de vermella con puntos negros as hai amarelas, laranxas, etc. e incluso podedes crear vós unha nova "raza" de xoaniña.

Imos trazar as vogais a través do xogo, prememos no enlace 

Non esquezamos que podemos bailar tamén con cancións sobre as vogais. Premer no seguinte
 enlace

Podemos xogar coas mans con axuda da familia. Prememos no enlace
Neste xogo ás familias os dan información de como facelo cos/coas nenos/nenas.

Ide facendo os cadernillos, pouco a pouco, repasando ben polas liñas e coloreando despaciño para non  sairse e enchendo ben o espazo, sen deixar ocos en branco. E como xa chegou a calor e temos a praia preto, podemos facer moitos debuxos acerca da praia ou da piscina (se temos na casa).

Moitos bicos de auga e apertas de sol
A vosa titora Paqui















lunes, 18 de mayo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola a tod@s!!
Onte foi o Día das Letras Galegas e o venres puxemos na web os carteis que fixeramos no 1º trimestre do curso, lembrades o noso?


Tamén se mirades no blog do día 15 de maio, no noso curso, hai unha canción para bailarrrr!!!

Que tal van os cadernillos? Estades traballando na casa? Se podedes mandarme algunha foto do que fagades ao meu correo electrónico e así vexo o ben que o facedes!!
Lembrade que hai que facelos pouco a pouco, ben feitiños, ir pola liña de puntos e colorear sen saírse dos bordes. Lembrar o nome dos números e das vogais, podemos empregar os vídeos e cancións dos enlaces dos outro días ou ben poñer en youtube  o que queremos escoitar.

Podedes practicar os trabalinguas que aprendimos, para pronuncialos moi deprisa sen confundirmos...a ver si somos capaces!!
Agora toca xogar coas mans, para elo é necesario que a familia axude e xogue tamén. Premer neste enlace e facer a de "Esta é a noite", debaixo tedes a información como facer a familia coas mans xogando co neno/a.
E esta semana toca facer un pouco de ioga. Premer neste enlace e xa veredes que ben o pasades!!

Moitos bicos de vainilla e apertas de nata
A Titora Paqui

viernes, 15 de mayo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola a tod@s!!


Co gallo do Día das Letras Galegas propoñovos  escoitar unha canción e bailala. É moi divertida!! Pediremos que na casa a bailen connosco, e o pasaremos moiiii ben!!
Soamente tedes que picar neste enlace



Espero que esteades tod@s fenomenal!!
Moiiiitisimos bicos de corazóns para tod@s
A vosa titora
Paqui



lunes, 11 de mayo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día a tod@s!

Aquí estamos unha semana máis para facer moitas cousas na casa e no paseo.
Que vos parece se aproveitamos os paseos para facelos máis divertidos e de paso aprendemos a contar e a facer exercicio?
LASAÑA, SOPA e eu o facemos e acabamos moi cansas....


- Podemos por en práctica algún paso polas rúas contando, 1 -2 - 3  e salto; outra vez, 1 -2 -3 e salto e así sucesivamente. A ver cantas veces somos capaces de dar saltos.
- Podemos ir andando e cando o adulto que vaia con nós berre BICO! Nós damos dous palmadas.
- Podemos andar coma os soldados estirando as pernas e subíndoas coma si estiveramos desfilando e ir cambiando e dar pequeniños pasiños coma se foramos unhas formiguiñas.



Xa temos os cadernos na casa!!!  Para ver como traballar con eles  lembrar que o puxen  o día 27 de abril (na parte dereita clicar na etiqueta que pon 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL).

E para continuar traballando a expresión oral e  a memorización imos a este enlace e buscamos "Por detrás daquel toxo" e nesta semana o aprendemos.

E despois de tantos días na casa é hora de ler o conto "El monstruo de colores" ou releelo, porque sei que moit@s o tedes na casa , e os/as que non o tedes podedes clicar neste enlace
Podemos debuxar o monstro que máis nos guste, ou o que menos nos guste, ou debuxamos o monstro que represente o que sintamos nese momento. Todos son amigos de LASAÑA.

E seguemos lembrando as vogais. Hoxe queda a vogal "E". No conto soa cando o cazador chama a Pepita e a Miguel no momento en que  o lobo marcha, e Miguel fai asi "EEEEEEE" agarrando a orella coa man facendo que escoita. Buscamos a vogal "E" no noso nome e nos dos/das compañeiros/as. Podemos ampliar a búsqueda atopándolo nos nomes de mamá ou papá ou os avós.

Nunha folla facemos unha "E" moi grande, un palo para abaixo e tres raias pequerrechiñas, arriba de todo - no medio - e abaixo de todo. Podemos pedir que nola fagan, e repasala moitas veces de moitas cores, podemos decorala de moitas formas e pegala xunto a outras para tocala cando escoitemos as cancións das vogais que atoparemos nos enlaces que puxen nas  actividades doutros días (No lado dereito deste blogue).
-  E agora para axudarnos a aprendela millor imos premer neste enlace
-  E para axudarvos a escribila premer neste enlace

- Podemos facer seriacións de tres cores: amarelo - azul - vermello. Buscamos cousas desta cor e as poñemos en fila facendo un tren polo pasillo, respetando as cores.
- Podemos debuxar e colorear moitas cousas e adornar á cociña de casa, os baños, ou espazos que mamá ou papá nos deixe.

SE PODEDES FACER UNHA FOTO DO QUE FAGADES E O ENVIADES AO MEU CORREO ELECTRÓNICO PODEREI FACER UN SEGUIMENTO DOS TRABALLOS DOS NENOS/AS. ANIMO!! XA QUEDA MENOS!!

Bicos de estrelas e apertas de flores
A vosa titora PAQUI




martes, 5 de mayo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola de novo a toda a familia!!

Xa levamos feito uns cantos paseiños por Vigo, eh? Si o facemos ben xa quedará menos para voltar á normalidade!!
Hoxe LASAÑA e SOPA están a durmir....xogaron  tanto, tanto;  que cando lles quixen avisar para que viñeran a axudarme no blogue,   atopeinas profundamente durmidas dentro da ducha!! En fin, a ver si non acaban molladas...

 - Aínda non chegaron os vosos cadernillos, pero en breve xa os teredes na casa. Lembrar como se traballa con eles (buscar na dereita en azul 4º de educación infantil no día 27 de abril).

AS VOGAIS
- Seguimos lembrando o conto das letras, esta semana toca a vogal "U", levantamos dous dedos en forma de U ( o índice e o corazón) e berramos UUUUUUUUUU, como facía o lobo que escoitaron Pepita e Miguel cando estaban no bosque, e que fixo que o cabalo do cazador saltara nervioso, Lembrades?
- Temos que buscar si no noso nome hai a vogal U, tamén podemos buscala entre os nomes dos nosos/as compañeiros/as da clase e incluso entre os nosos familiares.
- Podemos facer moitas UUU nunha folla,  de moitas cores, podemos xuntalas e facer coma se foran ondas do mar....
- Podemos facer unha U moi grande e decorala como as otras vogais que xa traballamos, e cando a teñamos ben bonita pegala nalgún lado do pasillo ou da habitación e cando escoite a canción das vogais ir correndo a tocala.
- Tamén podemos facer moitas vogais nun papel e rodear dunha cor a que traballamos esta semana!
Aqui vos deixo un enlace  para saber máis da letra "U" enlace
- Tamén se queredes bailar outra canción das vogais diferente podedes facelo desde este enlace
- E se queredes ver como se escribe podedes facelo con este enlace

OS NÚMEROS
Tamén podemos xogar cos números, o 1 o 2 e o fantástico 3! Para axudarvos a  escribir ben os números premer neste enlace
E non paredes de facer moitos debuxos e colorealos moiii ben!!

LIMPEZA DAS MANS
Para rematar lembramos que hai que lavar ben as mans, sobre todo agora que salides á rúa,  con esta canción enlace

BICOS DE CORES E APERTAS DE FRAMBUESA
A vosa titora Paqui

lunes, 27 de abril de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola familia!!

Xa sabedes que neste blogue 4º de Educación Infantil propón actividades  para a semana.  Podedes ir facéndoas dun xeito flexible respetando os tempos e traballos de toda a familia. Para facilitar o seu uso,  tedes á dereita do blogue unha serie de cursos en azul; se clickeades enriba de  4º DE EDUCACIÓN INFANTIL despliégase todas as actividades ordeadas por días de publicación, así se queredes repetir algunha podedes facelo dun xeito sinxelo ou facer aquela que vos quedara atrás.

Ola nenos e nenas!!!Este fin de semana foi especial!!! O Domingo foi o primeiro día no que poideches   sair de paseo, BEEEEEENNNN!!

OLLO PIOLLO !Espero que cumplirades as normas que colgamos na web do cole para sair con responsabilidade e poder regresar todos e todas á normalidade moi pronto!

Nós tamén saimos. Fumos SOPA, LASAÑA e máis EU. Ao final fixéronse moi amigas, agora toléanme as dúas!!E coma sempre;  liáronme para poñervos as actividades!  Pero primeiro estiveron xogando aos disfraces.....xa vedes que pintan sacaron na foto!! Tiven que cantarlles a canción de "recoller" tres veces!! Porque deixaron os trapos, capas, saias, gorras, lentes,....todas por ahí tiradas!




Sopa e Lasaña querense tanto que se dan moitas apertas, por iso vos recomendo que escoitedes este conto "El libro de los abrazos"enlace
Despois de escoitar o conto como pensades que serán as apertas que se dan Sopa e Lasaña? Podedes debuxalas;  OLLO PIOLLO coas cores que ten Lasaña, tedes que coloreala igualiña, eh?
Tamén podedes debuxar a aperta que máis vos gustou do conto, ou ben debuxaros abrazando a algún familiar!!! Ayyyy estamos taaaan content@s por sair que repartimos apertas na casa!!

- E porque non? Seguemos a xogar coas trabalínguas , pulsamos no enlace e co cursor baixamos ata chegar a "Pasei polo rio"enlace
A ver se somos capaces de aprendelo durante a semana e non vos fai un lío a língua!

- E para seguir coas vogais esta semana imos incorporando unha das vellas coñecidas, a vogal "I". A máis sinxela de facer, é un pao grande e se a facemos pequena temos que poñerlle un punto enriba "i".

- Lembrades como soa? No conto eran uns ratos que asustados escaparon ao monte para esconderse debaixo dunhas follas secas ; os irmáns Pepita e Miguel que eran moi trastes saltaban enriba delas....así que os ratos chíaban asustados "iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii"!!! (levantamos un dedo -o índice-).

- Coma sempre hai primeiro que buscala no noso nome e tamén atopala nos nomes dos compañeiros/as. Podemos facela nunha folla en grande e decorala como queiramos, despois podemos pegala nalgunha parte da habitación ou pasillo e imos así adornando a nosa casa coas vogais que imos facendo. E se escoitamos a canción das vogais (podedes buscala á dereita deste blogue, clickeando no curso, o día que foi publicada), podemos ir sinalando aquelas que vai dicindo a canción.


En breve teredes os vosos libros na casa. Xa podedes seguir avanzando neles, facendo pouco a pouco as fichiñas.

- O libro de "Grafomotricidade" onde aparecen tódolos monstros amigos de Lasaña: Para traballar con el temos que facer o seguinte; na parte de atrás da ficha indicate o que debes facer, si é repasar un camiño de puntos lembrade que primeiro o facemos en lápis moi despaciño procurando non sair deles e despois con rotulador (a ser posible de punta grosa).OLLO PIOLLO: Tedes que empezar no punto vermello e seguer o sentido que marca a flechiña pequena . Unha vez feito os camiños de puntos podemos colorear os monstros, sen sairse por fóra e enchendo ben os ocos.

- O libro de "Matemáticas 1": Nel aprendemos moitas cousas relacionadas coas matemáticas. Na parte de atrás da ficha indicate o que tes que facer, ás veces tamén temos actividades pola parte de atrás das fichas, hai que prestar moita atención. Se non temos actividades por detrás podemos facer un debuxo libre do que queiramos. Xa sabedes que si hai que repasar por unha liña de puntos primeiro o facemos cun lápis e despois cun rotulador. OLLO PIOLLO: Ter moito coidado coa direccionalidade á hora de repasalo, empezar no punto vermello.

Se imos traballar co nº 3, é importante que primeiro xoguemos a facer grupos de tres cosas e ir contando cantas temos, sinalando ao mesmo tempo o nº 3; así eles/elas van relacionando a cantidade coa grafía. Tamén podemos pedirlle que nos traigan tres cousas, e que nola conten no momento de darnoslas, asi comproban se o fan ben ou se confundiron e van rectificando.
Podemos escoitar  cancións dos números que hai en youtube.

- O libro da "Mariquita": Este proxecto relacionámolo coa horta ("a mesa de cultivo") que temos. Grazas as xoaniñas coñecemos máis o hábitat onde medran as prantas. Na parte de atrás das fichas indica o que tes que facer. Lembrar que ao rematar poñemos o nome por detrás da ficha. Este cadernillo ten pegatinas e recortables, para saber onde toca empregalos ten un nº neles que indica a que ficha a que  corresponde.

OLLO PIOLLO:Facer unha fichiña de cada caderno, ir cambiándolles de caderno. Sen forzarlles moito. Hai nenos/as que as fan sen dificultade e poden facer tres ao día, como hai que soamente son capaces de facer unha. Así que respetamos o ritmo de traballo de cada neno/a. O que sí esiximos é que se fagan ben, millor poucas e ben feitas que non moitas e mal. O máis importante é facelas ben (dentro das posibilidades de cada neno/a).

Espero que xoguedes moito, que recollades todo e que mandedes bicos de fresa ao aire, que seguro algún me chega!!!

BICOS DE FRESA E APERTAS DULCES
E POR PARTE DE LASAÑA E SOPA LAMBETONES DE CHOCOLATE

A vosa titora PAQUI



lunes, 20 de abril de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola a todos e todas de novo!!!
Hoxe colouse por aqui unha coñecida vosa....non habia maneira de que me deixase tranquila! Tiven que traela a miña casa porque tiña a clase toda revolta, pero antes tivo que recoller todo e ao son da canción que cantábamos na clase, lembrades?Espero que en casa tamén recollades todo cando rematedes de xogar,eh?

"A recoller, a ordenar
cada cousiña no seu lugar"
E como quere facer amiguiños e amiguiñas vouvos deixar un enlace para facer na casa marionetas de dedo https://www.youtube.com/watch?v=P0akn0fq9iU
A ver cantos amiguiñ@s facedes!!! Vaise poñer moi contenta 

- E como é unha tola e lle gusta bailar moito (xa a coñecedes) mando este enlace para que bailedes na casa como fai ela aqui!https://www.youtube.com/results?search query=la+gallina+pintadita
Así que na miña casa tocará bailar, coma tolas, as dúas máis a miña cadela SOPA "la gallina pintadita"  Yupiiiiiiii

- E como lle gusta xogar coa língua, esa coa que sempre os quere lamber as caras, ahí vos deixo un enlace para facer pequenos trabalínguas, disparates, etc. https://orellapendella.gal/category/trabalínguas/
Familia unha vez que entredes no enlace hai moitos trabalínguas pero tedes que baixar co cursor ata atopar "a pita pasa" que é máis axeitado para a súa idade, a ver se son capaces de aprendelo durante esta semana

- Na miña casa tiven que crear un espazo de calma para Lasaña, porque xa sabedes como é...toleaba a miña cadela SOPA! Así que pensei que o millor tamén podedes facer un na vosa casa, sabedes como se fai? PODEDES FACELO CUNHA SABA POSTA ENRIBA DUNHA MESA PARA CUBRILA , METEROS DEBAIXO E CUN TARRIÑO DE CALMA (QUE É UN BOTE DE AUGA CON PURPURINA).

- O conto de esta semana será o titulado "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza",seguro que algún ten este conto na casa, pero como non sei si LASAÑA terá algo que ver co que lle apareceu á pobre toupiña na cabeza prefiro que o miredes e me contedes se é certo ou non, porque como é moi traste pudo facelo ela, non sei eu....
Podedes debuxar quén foi o que lle fixo aquilo na cabeza a pobre toupiña , sería Lasaña? ou ben debuxar a personaxe do conto que máis vos gustara, ou mesmo debuxar a Lasaña!

- E por último esta semana imos traballar coa vogal "A", cantas "A" ten LASAÑA no seu nome? Podedes debuxar unha "A" grandísima nun folio e decorala como queirades, buscar se no teu nome hai "A" ou mesmo buscala nos nomes dos vosos/vosas compañeir@s de clase! 

- Tamén a vosa familia pode escribir nun folio todas as vocais en maiúscula (facer moitas, encher a folla) e vos soamente rodear as "A" e se queredes repasar a "O", pois cada unha a pechais dunha cor.

- Lembrar que no conto das letras a "A" era cando Pepita choraba cando escoitaba o lobo e abría moito a boca coa man na cara (moflete), e choraba moiiii alto AAAAAAAAAA.

- Podedes facer os números 1 e 2, coidando a direccionalidade. A familia pode poñer moitos números nunha folla e vos rodeades o un de vermello e o dous de amarelo. Facemos seriacións debuxando círculos un vermello, dous amarelos, un vermello, dous amarelos, e asi sucesivamente.

Bueno familia, espero que teñades unha boa semana e que aprendades xogando. Xa queda menos!!! 
Bicos de cores e apertas de sabores!!
A vosa titora Paqui

martes, 14 de abril de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola a todos e todas

Estamos aqui de novo, no noso blog para facer cousas divertidas e aprender moito!.

Lembrarvos que estamos en primavera, onde medran un montón de flores, asi que toca encher a vosa habitación de bonitas e coloridas flores coa familia!! Podedes debuxalas en folios empregando un montón de cores, cun montón de materiais (pinturas, ceras, pintura de dedos, témperas, papeliños, etc.) e tamén vos deixo un enlace para que podades facer outras moi sinxelas e vistosas, aqui vos vai!!
- Flor acordeón https://www.youtube.com/watch?v=U1Dx86cfkDE

Así mesmo,  déixovos o conto da semana, trata sobre a importancia da amizade!!! Para que non esquezades aos vosos amigos e amigas do colexio!!
Conto "O MAGO ROSA"
https://www.youtube.com/watch?v=qTfGJnxBmlk

Podedes debuxar aos vosos amigos e amigas do colexio, ou mesmo facer , cando vexades o conto,  un
debuxo do que máis vos gustou do mesmo.

E se vos gusta cantar, con axuda da vosa familia, podedes cantar nun karaoke!!! Aclarar ben as gorxas e preparados, listos.... YA!!
karaoke en youtube https://www.youtube.com/results?search query=karaoke+para+ni%C3%B1os

E agora para rematar imos facer a vogal "O", primeiro imos facela nunha folla de moitas cores, buscamola a ver si a temos no noso nome, e con axuda da  familia buscámola a ver si a ten os nomes dos meus/miñas compañeiros/as de clase. Podemos facela en grande nunha folla e decorala con lá, con papeis de cores, con plastilina, etc. Lembrades como soaba? Lembrades o conto de Pepita e Miguel? Cando o cazador tiraba das riendas ao cabalo que se asustou do lobo? Como facía? OOOOOO (para así calmar ao cabalo).

Ben e podedes seguir a facer grupiños de dous cousas por casa, empregando unha cualidade (a mesma cor, o mesmo tamaño, a mesma forma, etc).

Ben, e con isto rematamos
Moiiiiiitos bicos de chocolate e apertas de algodón
A vosa titora Paqui
PD.: Se queredes mandarme fotos das vosas creacións enviarmelas ao meu correo electrónico.

lunes, 30 de marzo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

                                                  4º DE EDUCACIÓN INFANTIL




Ola de novo familias!!! 
Espero que esteades tod@s ben. Lembroo que hai colgadas actividades o día 16 e 24 de marzo. Son actividades xenéricas e globalizadoras, para poder traballar en todo este tempo de confinamento na casa. Busco traballo que non teña necesidade de impresora e que podades facer na casa fácilmente, para poder chegar a todos os fogares (sobre todo para aqueles que non dispoñen de impresora).
Lembroos tamén que dispoñedes do meu correo para calquera dúbida ou mesmo poñendo comentarios neste blog, ao final da miña proposta.
As actividades propostas para traballar con vosos/as fillos/as  son as seguintes, poñer en Google:
- arbolac.com/juegos para niños  (Aqui os/as vosos/as fillos/as poden traballar as letras dun xeito lúdico e motivador).
-Ideas sensoriales que preparan para la escritura (Neste espazo propoñen ideas para facer na casa cos nenos/as dun xeito práctico)
- Bini Super ABC juegos! Juegos educativos para niños (Reforzamos coñecementos traballados na clase a modo de xogo)
- La risa de las vocales (unha canción para reforzar o coñecemento das vogais)

Espero que vos sexa de axuda.
Bicos de fresa e apertas de algodón
A titora

martes, 24 de marzo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

AULA DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL


Ola familia e nenos/as!!
Espero que fagades moitas actividades das propostas na anterior semana!!! Seguemos adiante con máis cousas para que disfrutedes todos e todas xuntos na casa.
Vouvos deixar unha serie de enlaces para seguer traballando cousiñas dende as casas e á volta todo o que fagades  o colgamos na aula  "Faremos unha bonita exposición con todo "!!

- Imos bailar un pouquiño mentras aprendemos as vogais https://youtu.be/CqTXFbnG0ag
- Imos descubrir un mundo máxico co conto "La vaca que puso un huevo" https://youtube.com/watch?v=FRAkFRoxowg
(Despois do conto, podedes debuxar á protagonista do conto, coa axuda da familia e coloreala e poñela ben guapa pegándolle cousas diversas)

Se queredes mandarme algunha foto vosa con algunha actividade podedes facelo ao meu correo electrónico, está na web.
e lembrade
"EU TAMÉN QUEDO NA CASA "!!
Moitos bicos de volvoreta e apertas de nube para todos e todas!!

lunes, 16 de marzo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola familias:
Para os/as máis pequenos/as do colexio hai unha serie de actividades que podedes facer con eles/elas en casa.
-  É moi importante que xoguen con plastilina, que lles axuda na adquisición das habilidades para unha posterior iniciación á escritura (reforza o ton muscular, exercita os dedos, axuda a unha boa grafomotricidade fina, etc).
- Tamén poden debuxar e colorear:  para colorear reforzar que procuren non sair da liña do debuxo e rechear o máximo posible, sen deixar ocos en branco.
- Estamos a traballar co número 1 e o 2, podedes facerlle con puntitos o número en grande  e que eles/elas o repasen por enriba cun lapis e cun rotulador, poden pegarlle plastilina por riba, repasar co dedo cheo de témpera ou pintura de dedos, pegarlle unha lá ou fío de calqueira cor e grosor, etc
- Deben practicar o seu nome, escribilo con maiúsculas, repasalo varias veces (podedes escribilo vós e eles/elas o repiten por debaixo, aínda que a maioría xa o sabe facer soiño/a).
- Calquera manualidade será benvida, se a facedes xuntos millor.
- Podedes facer xogos de agrupamentos de cores co que teñades por casa, por tamaños (grande-pequeño), por formas (circulo-cuadrado), también podedes traballar o concepto uno- muchos,etc
- Xogar a disfraces lles gusta moito e facer de distintos personaxes axuda a súa creatividade e imaxinación, tamén crear diálogos con eles/elas fomenta a expresión oral.
- Eles/elas coñecen ao "gusaniño Pipo", poden debuxalo en diferentes situacións, comendo unha mazá, bailando, etc. Aqui a creatividade ao poder!!!
- Podedes facer sinxelas receitas de cociña, onde os/as nenos/as poden experimentar cos distintos alimentos, pesalos, facer medicións, etc e o millor de todo, comer o que cociñedes!!!
- Hai tamén páxinas en youtube para facer exercicios de grafomotricidade sinxelos con eles/elas, que seguramente poña a mestra de inglés, estade atentos no apartado de inglés.
- Hai innumerables contos para que estes dias podades releer na casa ou buscalos en youtube. Aqui vos deixo un enlace de un deles.https://youtu.be/VFLiD25KwSA
- Ademáis podedes facer actividades do conto.
- Otro enlace para daros ideas para hacer na casa
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/juegos-para-ninos/juegos-para-ninos-de-3-anos/

Un saúdo e ánimo.

A Titora

PD: Para calquera dúbida tedes o meu correo electrónico na web