Ola a tod@s!!
Onte foi o Día das Letras Galegas e o venres puxemos na web os carteis que fixeramos no 1º trimestre do curso, lembrades o noso?
Tamén se mirades no blog do día 15 de maio, no noso curso, hai unha canción para bailarrrr!!!
Que tal van os cadernillos? Estades traballando na casa? Se podedes mandarme algunha foto do que fagades ao meu correo electrónico e así vexo o ben que o facedes!!
Lembrade que hai que facelos pouco a pouco, ben feitiños, ir pola liña de puntos e colorear sen saírse dos bordes. Lembrar o nome dos números e das vogais, podemos empregar os vídeos e cancións dos enlaces dos outro días ou ben poñer en youtube o que queremos escoitar.
Podedes practicar os trabalinguas que aprendimos, para pronuncialos moi deprisa sen confundirmos...a ver si somos capaces!!
Agora toca xogar coas mans, para elo é necesario que a familia axude e xogue tamén. Premer neste enlace e facer a de "Esta é a noite", debaixo tedes a información como facer a familia coas mans xogando co neno/a.
E esta semana toca facer un pouco de ioga. Premer neste enlace e xa veredes que ben o pasades!!
Moitos bicos de vainilla e apertas de nata
A Titora Paqui
No hay comentarios:
Publicar un comentario