lunes, 18 de mayo de 2020

5º e 6º de Infantil

 Bos días familias e meus alumnos e alumnas.
 Hoxe quero compartir unha lembranza que teño de cando era nena coma vós e no meu pobo se celebraba a chegada do mes de maio. Anque xa pasou a data xusta, sí o podemos lembrar xunto coas Letras Galegas, porque os dous son mostra da nosa cultura.
No enlace www.youtube.com/watch?v=UCZCm1q4Kwc temos a cantiga de Curros Enríquez AI VEN O MAIO, cantada por Luis Emilio Batallán. Xunto coa familia comentade as diferentes épocas, que se observan nas vestimentas dos cativos, as formas (Triángulos, Cadrados...), as cores que predominan, e todos aqueles detalles que vos chamen a atención.
Deixovos tamén dous traballiños de mate. No primeiro, os números xogan ao escondite con vos, a ver se os atopades todos.
Podedes crear vos mesmos unha parecida con outros números diferentes, so hai que facer un cadrado e poñer números ao chou.
O seguinte é para completar cada situación e que os tres sexan iguais.
Lembrade que non é preciso facelo todo hoxe. A pouquiños. Unha aperta virtual moi forte. Julia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario