Que tal de fin de semana? ...Moi ben!!!. Encántame ver que estades desfrutando do sol e dos paseos. Non esquezades que hai que ser prudentes e respetar as normas.
Como sabedes, onte foi o Día das Letras Galegas. Na páxina web do cole tendes máis información e xogos sobre ese tema.
Esta semana vouvos recomendar cantigas tradicionais galegas para que escoitedes coas vosas familias (seguro que os vosos avós e avoas as coñecen todas). como é luns e hai que espabilar, a de hoxe é unha canción moi movidiña. Trátase de ...
O Pirimpimpin(con letra para que poidades cantar). O grupo que a canta é Mavela
Despois de escoitar a canción, imos traballar vocabulario da estación na que estamos. Cal será?
Exacto!!! a primavera. Abre o libro de lingua galega na páxina 146 e fai os exercicios 1, 2 e 3.
Para facer o último exercicio, debes recordar o estudiado en naturais nas páxinas 26 e 27.
En matemáticas imos repasar as multiplicacións coa as siguientes fichas. Como son 5, podes facelas entre hoxe e mañán.
Xa chega de traballo non? ou queredes máis? Jijiji.
Ata mañán
Bicos e apertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario