miércoles, 10 de junio de 2020

MATEMÁTICAS 1º

Ola nenos!!!

O traballo de hoxe é o seguinte:

1.- Haz la siguiente ficha:


Traabajo adaptado. La ficha de hoy es:



6º Primaria


Bo día! Seguimos co traballo. Ánimo!

MATEMÁTICAS

 

GALEGO

1.     Le o texto e contesta as preguntas:

Este ano non hai vacacións, nin o soñes! Xa temos gastos dabondo co traslado”.

Daniela calou. A súa nai pronunciara as palabras nun ton cortante, mesmo enfadada, dando a entender que daquel asunto non ía falar máis nada. Adeus aos días alegres no cámping, adeus ás amigas que fixera o pasado verán, adeus ás horas eternas xogando pola praia!

E adeus tamén ás amigas do barrio, e aos nenos e nenas do colexio. A súa familia abandonaba Lugo e marchaba para Vigo, co propósito de asentarse na cidade do sur. De pouco lle valía que os seus pais falasen con entusiasmo do novo piso que alugaran, moito máis espazoso ca o de Lugo e cunha gran terraza desde a que se vía o mar. Nin tampouco que lle repetisen unha vez e mais outras todas as vantaxes que terían en Vigo. O único real era que dentro de poucas semanas estaría nunha casa nova, nun colexio, nunha cidade nova. E non lle quedaba outra que resignarse ante aquel cambio tan grande que ameazaba con borrar unha boa parte do seu mundo.

Agustín Fernández Paz: Desde unha estrela distante, Edicións Xerais.

a) Por que este ano non irán de vacacións?
b) Onde veraneaban normalmente?
c) Que vantaxes ten o novo piso?
d) Por que cres que a Daniela non lle apetece irse a vivir a Vigo?


2.     A que campos semánticos pertencen estas palabras?

______________________________: frío, vento, chuvia, neve, sarabia, sol, calor, nubes.
______________________________: apartamento, piso, ático, dúplex, chalé.

3.      Na seguinte listaxe, subliña os adxectivos:

vermella
coro
alegre
doado
ti
sen
fraco
elas
recto
bolígrafo

4.     Clasifica os adxectivos anteriores:
variables:
invariables: 

 Ata mañá!