Bo día! Seguimos co traballo. Ánimo!
MATEMÁTICAS
GALEGO
1. Le o texto e contesta as preguntas:
“Este ano non hai vacacións, nin o soñes! Xa
temos gastos dabondo co traslado”.
Daniela calou. A súa nai pronunciara as
palabras nun ton cortante, mesmo enfadada, dando a entender que daquel asunto
non ía falar máis nada. Adeus aos días alegres no cámping, adeus ás amigas que
fixera o pasado verán, adeus ás horas eternas xogando pola praia!
E adeus tamén ás amigas do barrio, e aos
nenos e nenas do colexio. A súa familia abandonaba Lugo e marchaba para Vigo,
co propósito de asentarse na cidade do sur. De pouco lle valía que os seus pais
falasen con entusiasmo do novo piso que alugaran, moito máis espazoso ca o de
Lugo e cunha gran terraza desde a que se vía o mar. Nin tampouco que lle
repetisen unha vez e mais outras todas as vantaxes que terían en Vigo. O único
real era que dentro de poucas semanas estaría nunha casa nova, nun colexio,
nunha cidade nova. E non lle quedaba outra que resignarse ante aquel cambio tan
grande que ameazaba con borrar unha boa parte do seu mundo.
Agustín Fernández Paz: Desde unha
estrela distante, Edicións Xerais.
a) Por que este ano non irán de vacacións?
b) Onde veraneaban normalmente?
c) Que vantaxes ten o novo piso?
d) Por que cres que a Daniela non lle
apetece irse a vivir a Vigo?
2. A que campos semánticos pertencen estas
palabras?
______________________________: frío,
vento, chuvia, neve, sarabia, sol, calor, nubes.
______________________________:
apartamento, piso, ático, dúplex, chalé.
3. Na
seguinte listaxe, subliña os adxectivos:
vermella
|
coro
|
alegre
|
doado
|
ti
|
sen
|
fraco
|
elas
|
recto
|
bolígrafo
|
4. Clasifica os adxectivos anteriores:
variables:
invariables:
Ata mañá!
Tiki tiki miau miau
ResponderEliminar