Mostrando entradas con la etiqueta C. SOCIAIS 6 EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C. SOCIAIS 6 EP. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de junio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 6 PRIMARIA

Bos días nenas e nenos!! 

 Bos días familias!! 

Xa nos encamiñamos inexorablemente cara a recta final deste curso 



 Por iso, esta semana e a seguinte nos adicaremos a facer actividades de repaso 

En primeiro lugar, repaso do relevo de Galiza con estes xogos





En segundo lugar coas rías galegas




E por último, os ríos de Galiza




Unha vez que fixestes este repaso vouvos mandar un pequeno traballo que ten que ver tamén con Galiza

Concretamente, coa saída que fixestes ao monte de Castro, no que tivemos a oportunidade de coñecer cousas sobre a cultura castrexa


Tedes que facer un traballo, nos vosos cadernos, de alo menos dúas carillas, explicando as características máis importantes da cultura castrexa...por tanto...toca investigar!!



Aburiñooooo

lunes, 25 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 6 PRIMARIA

Bos días nenas e nenos!! 

 Bos días familias!! 



Última semana xa de este mes de Maio e seguimos co repaso a algunha das cuestións que fomos traballando ao longo deste curso 



 Para esta semana toca o relativo ao relevo e accidentes xeográficos de España 



 Para esto, vos teño preparado en primeiro lugar un video




A seguir, estas dúas actividades


Agora faremos un visionado deste video sobre cabo home (ría de Vigo)



 E deste outro dos Acantilados de Herbeira 

Os máis altos da Europa continental

E do cabo Ortegal 





A seguir faremos esta actividade na que teredes que completar os ocos cos cabos e golfos máis importantes da península ibérica

Aburiñooo

martes, 19 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 6 PRIMARIA

Bos días rapaces e rapazas!! 

 Bos días familias!! 

 Comezamos unha nova semana e seguimos repasando os ríos 



 Si a semana pasada eran os ríos de Europa...esta semana tocan os ríos en España 



 Primeiro, vos deixo un mapa interactivo para que poidades xogar e repasar


A seguir un par de actividades moi sinxelas

E antes de marchar un video para repasar


Si tedes problema en ver o video, vos deixo tamén o enlace directo a youtube

https://youtu.be/mpMW43a-leQ

Recordar de enviar as tarefas coma sempre ao meu correo 

exorior@edu.xunta.es

Aburiñooo

lunes, 11 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 6 PRIMARIA

Bos días nenas e nenos!! 

 Bos días familias!!  



 Espero que todas e todos vos atopedes estupendamente... e agardo tamén que teñades as baterías cargadas. 




 Nesta nova semana que comeza, imos a recordar algunha das cousas que xa traballamos no trimestre pasado...


Dentro video!!



Despois de facer o visionado do video, observa este mapa e completa o nome de todos os ríos que en el aparecen.

Clasifícaos segundo a súa vertente e escribeos no teu caderno nunha táboa ou en columnas.

(Consello: en caso de dúbida busca en google un mapa físico)


E para rematar, e aproveitando a recente conmemoración do día de Europa(sábado 9 de maio), un xogo moi divertido


Aburiñoooo

martes, 5 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 6 PRIMARIA

Bos días rapazas e rapaces!! 

 Bos días familias!! 




Que tal vai todo ? Espero que moi ben!! 



Despois de estar nestas dúas semanas anteriores repasando os sectores económicos, nesta semana nos centraremos nas empresas: que son, para que serven, que tipos de empresa existen,... 





 Para esto, primeiro de todo toca visionar un video que nos vai refrescar a mente 




Agora presta atención o seguinte mapa conceptual




A primeira das actividade desta semana vai consistir en clasificar as seguintes empresas atendendo as posibilidades que se nos presenta no esquema anterior: 











Na segunda  das actividades que vades a facer para esta semana tedes que crear unha empresa , adicada ao que vos queirades. 

Teredes que crear a vosa empresa pero coa particularidade de que ten que cumprir os seguintes parámetros: titularidade privada, sociedade limitada, pymes (pequena ou mediana empresa) e onde a súa actividade sexa de servizo.

Teredes que facer unha descripción da vosa empresa: socios, a que se dedica, que vendedes, número de empregados,...etc.


👉 (Para esto teredes que prestar atención o esquema de arriba)

Como sempre as tarefas, tanto feitas no caderno como no procesador de textos, envialas ao meu correo

exorior@edu.xunta.es

martes, 28 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 6 PRIMARIA

Bos días nenos e nenas!! 

 Bos días familias!! 



 Despois de que a semana pasada centraramos a nosa atención no sector primario da economía, esta semana toca facelo sobre o secundario e o terciario, que imaxino que para todos e todas son máis que coñecidos... 




 Para facilitar un pouco o recordatorio, vos preparei un video con diapositivas e unha música moi guay...



Nada de bailar e non facer caso a info que vai aparecendo...non vos despitedes!! 




 Agora, imos facer dúas actividades:

1- Vendo os datos que se reflicten nesta gráfica, poderías concluir cantos millóns de persoas se adican o sector secundario? e o terciario?


2- Busca información acerca do sector cuaternario e escribe a lo menos 10 profesións que se poidan incluir neste sector económico.


RECORDADE:

- FACELO NUN PROCESADOR DE TEXTO E ENVIALO AO MEU CORREO
- FACELO NO VOSO CADERNO, SACARLLE UNHA FOTO OU ESCANEALO E MANDALO AO MEU CORREO

EN AMBOS CASOS O MEU CORREO

exorior@edu.xunta.es

martes, 21 de abril de 2020

Ciencias Sociais 6 de Primaria

Bos días rapazas e rapaces!! 

 Bos días familias!! 




 Espero que esta nova semana que entra esteamos todos e todas con moitas ganas de traballar e seguir aprendendo e repasando todas estas cousas que, en moitos casos xa nos soan dos trimestres anteriores. 



 Unha das últimas cousas que estabamos a ver en sociais, antes da interrupción obrigada das clases, era o referido aos sectores económicos...e sobre esto vamos a enfocar o traballo desta semana!!




 Primeiro co visionado dunha presentación que vos preparei en formato video ( con música moi chula...xa veredes)no que faremos a través de diapositivas do que é o sector primario 



 Segundo, cunha actividade en Jclic para que poidades ir resolvendo as diferentes cuestións relativas ao sector primario

https://cplosangeles.educarex.es/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/economia_espanola/sector_primario/sector_primario.html


Por último. un pequeno traballo de investigación no que quero que atopedes a lo menos 5 das artes de pesca consideradas como artesanais e que todavía a día de hoxe están vixentes en Galiza...recalco en Galiza. Anotádeas xunto a unha breve descripción de cada unha delas.

Ao igual que a semana anterior:

- podedes facer a tarefa a man, sacarlle unha foto e enviarma ao correo  


- facelo nun procesador de textos e envialo ao mesmo correo electrónico

(lembrade:  exorior@edu.xunta.gal )

En ambos casos, poñer o nome de alumn@ no asunto 

Aburiñooo

jueves, 16 de abril de 2020

6 PRIMARIA C. SOCIAIS



Bos días rapaces e rapazas!! 

Bos días familias!! 



 Que tal vamos levando esta semana? 

Imaxino que moi ben e xa pouco a pouco retomando o ritmo de traballo. 

Para  esta semana en C. Sociais imos repasar e a avanzar algo maís sobre os espazos naturais, monumentos naturais e parques cos que contamos en Galiza.

Para esto vou, en primeiro lugar, deixar uns links para que poidamos recordar os máis importantes. 




👀  (Debedes de ir premendo en cada un para poder acceder a todo o contido)


Dentro dos parques naturais, hoxe quero que reflexionemos no Parque nacional das illas atlánticas que xa coñecedes...





E concretamente nas illas cies que como todos sabedes están na ría de Vigo. 

Consultade as imaxes co resumo dos aspectos máis importantes deste arquipelago. Para poder velas mellor aconsello que as descarguedes nos vosos dispositivos para poder darlles todo o tamaño que queirades.






Por último,deberedes de facer un resumo cos aspectos máis importantes e envialo ao mail

exorior@edu.xunta.gal 

Podedes facelo a man (co cal podedes facer unha foto e enviala) ou con procesador de textos (enviando, por tanto o arquivo adxunto ao mail).

En calqueira caso poñede o nome (do alumno ou alumna) no asunto do correo.




Aburiñoooo