Bos días nenos e nenas!!
Bos días familias!!
Despois de que a semana pasada centraramos a nosa atención no sector primario da economía, esta semana toca facelo sobre o secundario e o terciario, que imaxino que para todos e todas son máis que coñecidos...
Para facilitar un pouco o recordatorio, vos preparei un video con diapositivas e unha música moi guay...
Nada de bailar e non facer caso a info que vai aparecendo...non vos despitedes!!
Agora, imos facer dúas actividades:
1- Vendo os datos que se reflicten nesta gráfica, poderías concluir cantos millóns de persoas se adican o sector secundario? e o terciario?
2- Busca información acerca do sector cuaternario e escribe a lo menos 10 profesións que se poidan incluir neste sector económico.
RECORDADE:
- FACELO NUN PROCESADOR DE TEXTO E ENVIALO AO MEU CORREO
- FACELO NO VOSO CADERNO, SACARLLE UNHA FOTO OU ESCANEALO E MANDALO AO MEU CORREO
EN AMBOS CASOS O MEU CORREO
exorior@edu.xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario