Bos días rapaces e rapazas!!
Bos días familias!!
Que tal vamos levando esta semana?
Imaxino que moi ben e xa pouco a pouco retomando o ritmo de traballo.
Para esta semana en C. Sociais imos repasar e a avanzar algo maís sobre os espazos naturais, monumentos naturais e parques cos que contamos en Galiza.
Para esto vou, en primeiro lugar, deixar uns links para que poidamos recordar os máis importantes.
👀 (Debedes de ir premendo en cada un para poder acceder a todo o contido)
Dentro dos parques naturais, hoxe quero que reflexionemos no Parque nacional das illas atlánticas que xa coñecedes...
E concretamente nas illas cies que como todos sabedes están na ría de Vigo.
Consultade as imaxes co resumo dos aspectos máis importantes deste arquipelago. Para poder velas mellor aconsello que as descarguedes nos vosos dispositivos para poder darlles todo o tamaño que queirades.
Por último,deberedes de facer un resumo cos aspectos máis importantes e envialo ao mail
exorior@edu.xunta.gal
Podedes facelo a man (co cal podedes facer unha foto e enviala) ou con procesador de textos (enviando, por tanto o arquivo adxunto ao mail).
En calqueira caso poñede o nome (do alumno ou alumna) no asunto do correo.
Aburiñoooo
No hay comentarios:
Publicar un comentario