Bos días rapazas e rapaces!!
Bos días familias!!
Espero que esta nova semana que entra esteamos todos e todas con moitas ganas de traballar e seguir aprendendo e repasando todas estas cousas que, en moitos casos xa nos soan dos trimestres anteriores.
Unha das últimas cousas que estabamos a ver en sociais, antes da interrupción obrigada das clases, era o referido aos sectores económicos...e sobre esto vamos a enfocar o traballo desta semana!!
Primeiro co visionado dunha presentación que vos preparei en formato video ( con música moi chula...xa veredes)no que faremos a través de diapositivas do que é o sector primario
Segundo, cunha actividade en Jclic para que poidades ir resolvendo as diferentes cuestións relativas ao sector primario
https://cplosangeles.educarex.es/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/economia_espanola/sector_primario/sector_primario.html
Por último. un pequeno traballo de investigación no que quero que atopedes a lo menos 5 das artes de pesca consideradas como artesanais e que todavía a día de hoxe están vixentes en Galiza...recalco en Galiza. Anotádeas xunto a unha breve descripción de cada unha delas.
Ao igual que a semana anterior:
- podedes facer a tarefa a man, sacarlle unha foto e enviarma ao correo
- facelo nun procesador de textos e envialo ao mesmo correo electrónico
(lembrade: exorior@edu.xunta.gal )
En ambos casos, poñer o nome de alumn@ no asunto
Aburiñooo
No hay comentarios:
Publicar un comentario