Que tal hoxe? Dispostos a seguir de repaso, verdade?
Nesta ocasión vai un video mooooi senxelo de singular e plural para que despois fagades as fichiñas que vos poño a continuación.
Podedes escribilos ou ben...imprimilos e tendes a posibilidade e recortar as palabras para pegalas no lugar que lles corresponda.
O neno con libro adaptado verá o vídeo e fará a opción de pegar a palabra recoñecendo como plural aquela que remata en S(neste caso). Serán as persoas maiores que o acompañan os que escribirán as palabras enteiras para que el poida recortalas e pegalas despois de lerllas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario