martes, 21 de abril de 2020

5º e 6º de Infantil


Bos días a todos e todas.
¿Qué tal vamos?  Todo semella ir mellorando e pronto poderemos voltar á normalidade.
Hoxe apareceu por aquí, alguèn que xa coñecedes, pero que non quere que vos esquezades del porque se sinte moi importante. A ver se o adiviñades:
Son un número 
moi redondo, redondo
Úsanme cando non hai nada
e detrás doutros me poño

Moi ben, seguro que xa o adiviñastes.
Tamén vos vou propoñer para que con calma tentedes facer animais de papel. Eu teno estes de exemplo (gatos e ratos) Ollo só podedes darlle forma cos dediños, non valen tesoiras. Tentadeo e imaxinade qué animal pode ser. Facedelle ollos, orellas, rabiños, patiñas... De certo que o pasaredes moi ben e ademais só precisades, calquera papel ( revistas, periódicos, envoltorios...) Veña, que vos podedes. Un bico virtual. Julia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario