Ola de novo a toda a familia!!
Xa levamos feito uns cantos paseiños por Vigo, eh? Si o facemos ben xa quedará menos para voltar á normalidade!!
Hoxe LASAÑA e SOPA están a durmir....xogaron tanto, tanto; que cando lles quixen avisar para que viñeran a axudarme no blogue, atopeinas profundamente durmidas dentro da ducha!! En fin, a ver si non acaban molladas...
AS VOGAIS
- Seguimos lembrando o conto das letras, esta semana toca a vogal "U", levantamos dous dedos en forma de U ( o índice e o corazón) e berramos UUUUUUUUUU, como facía o lobo que escoitaron Pepita e Miguel cando estaban no bosque, e que fixo que o cabalo do cazador saltara nervioso, Lembrades?
- Temos que buscar si no noso nome hai a vogal U, tamén podemos buscala entre os nomes dos nosos/as compañeiros/as da clase e incluso entre os nosos familiares.
- Podemos facer moitas UUU nunha folla, de moitas cores, podemos xuntalas e facer coma se foran ondas do mar....
- Podemos facer unha U moi grande e decorala como as otras vogais que xa traballamos, e cando a teñamos ben bonita pegala nalgún lado do pasillo ou da habitación e cando escoite a canción das vogais ir correndo a tocala.
- Tamén podemos facer moitas vogais nun papel e rodear dunha cor a que traballamos esta semana!
Aqui vos deixo un enlace para saber máis da letra "U" enlace
- Tamén se queredes bailar outra canción das vogais diferente podedes facelo desde este enlace
- E se queredes ver como se escribe podedes facelo con este enlace
OS NÚMEROS
Tamén podemos xogar cos números, o 1 o 2 e o fantástico 3! Para axudarvos a escribir ben os números premer neste enlace
E non paredes de facer moitos debuxos e colorealos moiii ben!!
LIMPEZA DAS MANS
Para rematar lembramos que hai que lavar ben as mans, sobre todo agora que salides á rúa, con esta canción enlace
BICOS DE CORES E APERTAS DE FRAMBUESA
A vosa titora Paqui
No hay comentarios:
Publicar un comentario