martes, 5 de mayo de 2020

5º e 6º de Infantil

Bos días familias e alumnos. Que tal eses paseos?
Hoxe hai alguén que quere saudarvos, porque Xiana me lembrou que hai moito que non o vedes a Botas.
Hoxe a tarefa vai ser moi doada, coma sempre, pero diferenciada para os de 5º de Infantil ( 4 anos), temos:
Hai que colocar os números que faltan. ¡Que non se vos despiste ningún! E lembrade que contar cara atrás non é facelos números do revés.
Para os de 6º de Infantil imos coñecer un pouco máis ao número 10 (9+1).
Lembrade que podedes xogar cos números a poñer e quitar (sumar e restar) como facíamos na clase con tapóns, con garabanzos, con fabas...
Un bico virtual moi grande, de Botas e de Julia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario