Estamos aqui de novo, no noso blog para facer cousas divertidas e aprender moito!.
Lembrarvos que estamos en primavera, onde medran un montón de flores, asi que toca encher a vosa habitación de bonitas e coloridas flores coa familia!! Podedes debuxalas en folios empregando un montón de cores, cun montón de materiais (pinturas, ceras, pintura de dedos, témperas, papeliños, etc.) e tamén vos deixo un enlace para que podades facer outras moi sinxelas e vistosas, aqui vos vai!!
- Flor acordeón https://www.youtube.com/watch?v=U1Dx86cfkDEAsí mesmo, déixovos o conto da semana, trata sobre a importancia da amizade!!! Para que non esquezades aos vosos amigos e amigas do colexio!!
Conto "O MAGO ROSA"
https://www.youtube.com/watch?v=qTfGJnxBmlk
Podedes debuxar aos vosos amigos e amigas do colexio, ou mesmo facer , cando vexades o conto, un
debuxo do que máis vos gustou do mesmo.
E se vos gusta cantar, con axuda da vosa familia, podedes cantar nun karaoke!!! Aclarar ben as gorxas e preparados, listos.... YA!!
karaoke en youtube https://www.youtube.com/results?search query=karaoke+para+ni%C3%B1os
E agora para rematar imos facer a vogal "O", primeiro imos facela nunha folla de moitas cores, buscamola a ver si a temos no noso nome, e con axuda da familia buscámola a ver si a ten os nomes dos meus/miñas compañeiros/as de clase. Podemos facela en grande nunha folla e decorala con lá, con papeis de cores, con plastilina, etc. Lembrades como soaba? Lembrades o conto de Pepita e Miguel? Cando o cazador tiraba das riendas ao cabalo que se asustou do lobo? Como facía? OOOOOO (para así calmar ao cabalo).
Ben e podedes seguir a facer grupiños de dous cousas por casa, empregando unha cualidade (a mesma cor, o mesmo tamaño, a mesma forma, etc).
Ben, e con isto rematamos
Moiiiiiitos bicos de chocolate e apertas de algodón
A vosa titora Paqui
PD.: Se queredes mandarme fotos das vosas creacións enviarmelas ao meu correo electrónico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario