martes, 14 de abril de 2020

Voltamos! 1º E:P

Que tal familias! Desexo que esteades todos ben!
Seguro que moitos estabades desexando volver ao traballo habitual, verdade? Non pode ser exactamente como nos gustaría, pero as novas tecnoloxías sempre nos axudan bastante.

Empezaremos de momento con repaso de tarefas, como estabamos facendo ata o de agora.
Pero primeiro quérovos preguntar: Estades LENDO todos os días????!!!! Recordade que en 1º(e en todos os cursos) é MOI importarte que o fagades, a lectura é principal en tódalas áreas da aprendizaxe.

Sí,sí...tranquilos...xa vos escoito, vale!, xa me convencestes!, seguides lendo.Un forte aplauso tamén para vós.

Imos facer algún exercicio de sinónimos e antónimos.  Primeiro vedes o video e despois os realizades.



 Este último é para o alumnado con libro adaptado.Primeiro verá o video e despois a familia lerálle as palabras ao tempo que lle sinala os debuxos e el deberá repetir ALTO-BAJO- e todos os demáis. Despois será o neno o que toque o debuxo e diga a palabra(memorizada)

No hay comentarios:

Publicar un comentario