Xa estamos de volta e aínda non sabemos moi ben como temos que facer neste terceiro trimestre… Ata que a Consellería de Educación nolo diga, imos continuar repasando.
GALEGO
Le o texto
e contesta as preguntas:
Isto era aló unha vez unha
costureira chamada Antonia. Andaba de casa en casa cosendo e *mendando.
Naqueles tempos en que isto ocorreu, a xente encargáballes ás costureiras ou
aos xastres case toda a roupa que precisaba.
Imaxina unha rúa calquera, que se
chame, por exemplo, rúa das Pétalas. Imaxina que se chama así porque nesa rúa
todas as xanelas e todos os balcóns están cheos de flores. Imaxina que na rúa
das Pétalas vive unha señora que precisa facer algunha roupa para estrear, ou
que ten na casa algunhas pezas para coser e repasar...
Algunhas veces cadra en pasar por
alí a costureira coa súa máquina de coser na cabeza e unha *trouxa no lombo
onde leva pezas de tea e fíos de botóns e corchetes e broches...
Entón, a señora asómase no balcón
cheo de flores e chama pola costureira dicindo:
Costureiriña bonita,
ven coser á miña casa
con alferga de ouro fino
e con agulla de prata.
Naquel tempo a xente chamaba así
polas costureiras porque case en ningunha casa había teléfono.
Antón Cortizas: A merla
de trapo, Edicións Xerais.
mendando:
remendando.
trouxa:
montón de roupa.
a) Cal é a
profesión de Antonia? En que consiste?
b) Que
outra profesión se cita no texto?
c) Por que
a rúa se chama rúa das Pétalas?
d) Como se
chamaba polas costureiras? Por que?
Subliña os
pronomes que atopes nestas oracións e, despois, clasifícaos:
- Esa bici é
moi bonita, pero prefiro aquela.
- Traede o
traballo para mañá; o noso estará para o quince.
- Teño o
móbil sen batería. O teu ten?
- Hai algo na neveira que cheira mal.
Demostrativos:
Posesivos:
Numerais:
Indefinidos:
MATEMÁTICAS
Páginas 124- 125 (Repaso trimestral)
Ej.2, 3,7,8,9.
No hay comentarios:
Publicar un comentario