lunes, 8 de junio de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día a tod@s!!!

Brilla o sol! A herba medra e os campos están coloridos!! A primavera está a piques de deixar paso ao verán, tempo de vacacións, de praia, piscina, montaña, aldeas, viaxes, etc





Se quedamos en Vigo temos moitos sitios que visitar e seguro que moitas cousas que facer!

Seguemos cos cadernillos facendoos moi, moi ben.

E xogamos coa orella pendella para facer xogos en familia e memorizar!! Prememos no enlace  Lembramos unha cancionciña de cando eramos máis pequen@s.

Repasamos o nº 3 en follas feitas pola nosa familia onde apareza este nº, e facemos grupiños de tres cousas que temos por casa por familia (por exemplo: tres prendas para vestirse, tres utensilios que nos sirven para comer, tres cousas del baño, tres xoguetes, etc.). As familias poden cambiar en cada grupo algunha cousa dos grupos feitos e pedirlle ao fillo/a que diga cal é o intruso (por exemplo: en tres piezas de roupa, quitar unha e por un xoguete. Pedir ao neno/a cal non está ben e porqué).
Para non esquencernos de contar ata o nº tres e recoñecelos imos premer no seguinte 
enlace .

Espero que pasedes unha boa semana, con tempo para traballar e xogar en familia!
Un bico grande, grande de xeado de fresa que chega o verán!!!
A vosa titora Paqui.




No hay comentarios:

Publicar un comentario