Bo día a tod@s!
Aquí estamos unha semana máis para facer moitas cousas na casa e no paseo.
Que vos parece se aproveitamos os paseos para facelos máis divertidos e de paso aprendemos a contar e a facer exercicio?
LASAÑA, SOPA e eu o facemos e acabamos moi cansas....
- Podemos por en práctica algún paso polas rúas contando, 1 -2 - 3 e salto; outra vez, 1 -2 -3 e salto e así sucesivamente. A ver cantas veces somos capaces de dar saltos.
- Podemos ir andando e cando o adulto que vaia con nós berre BICO! Nós damos dous palmadas.
- Podemos andar coma os soldados estirando as pernas e subíndoas coma si estiveramos desfilando e ir cambiando e dar pequeniños pasiños coma se foramos unhas formiguiñas.
Xa temos os cadernos na casa!!! Para ver como traballar con eles lembrar que o puxen o día 27 de abril (na parte dereita clicar na etiqueta que pon 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL).
E para continuar traballando a expresión oral e a memorización imos a este enlace e buscamos "Por detrás daquel toxo" e nesta semana o aprendemos.
E despois de tantos días na casa é hora de ler o conto "El monstruo de colores" ou releelo, porque sei que moit@s o tedes na casa , e os/as que non o tedes podedes clicar neste enlace
Podemos debuxar o monstro que máis nos guste, ou o que menos nos guste, ou debuxamos o monstro que represente o que sintamos nese momento. Todos son amigos de LASAÑA.
E seguemos lembrando as vogais. Hoxe queda a vogal "E". No conto soa cando o cazador chama a Pepita e a Miguel no momento en que o lobo marcha, e Miguel fai asi "EEEEEEE" agarrando a orella coa man facendo que escoita. Buscamos a vogal "E" no noso nome e nos dos/das compañeiros/as. Podemos ampliar a búsqueda atopándolo nos nomes de mamá ou papá ou os avós.
Nunha folla facemos unha "E" moi grande, un palo para abaixo e tres raias pequerrechiñas, arriba de todo - no medio - e abaixo de todo. Podemos pedir que nola fagan, e repasala moitas veces de moitas cores, podemos decorala de moitas formas e pegala xunto a outras para tocala cando escoitemos as cancións das vogais que atoparemos nos enlaces que puxen nas actividades doutros días (No lado dereito deste blogue).
- E agora para axudarnos a aprendela millor imos premer neste enlace
- E para axudarvos a escribila premer neste enlace
- Podemos facer seriacións de tres cores: amarelo - azul - vermello. Buscamos cousas desta cor e as poñemos en fila facendo un tren polo pasillo, respetando as cores.
- Podemos debuxar e colorear moitas cousas e adornar á cociña de casa, os baños, ou espazos que mamá ou papá nos deixe.
SE PODEDES FACER UNHA FOTO DO QUE FAGADES E O ENVIADES AO MEU CORREO ELECTRÓNICO PODEREI FACER UN SEGUIMENTO DOS TRABALLOS DOS NENOS/AS. ANIMO!! XA QUEDA MENOS!!
Bicos de estrelas e apertas de flores
A vosa titora PAQUI
No hay comentarios:
Publicar un comentario