lunes, 27 de abril de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola familia!!

Xa sabedes que neste blogue 4º de Educación Infantil propón actividades  para a semana.  Podedes ir facéndoas dun xeito flexible respetando os tempos e traballos de toda a familia. Para facilitar o seu uso,  tedes á dereita do blogue unha serie de cursos en azul; se clickeades enriba de  4º DE EDUCACIÓN INFANTIL despliégase todas as actividades ordeadas por días de publicación, así se queredes repetir algunha podedes facelo dun xeito sinxelo ou facer aquela que vos quedara atrás.

Ola nenos e nenas!!!Este fin de semana foi especial!!! O Domingo foi o primeiro día no que poideches   sair de paseo, BEEEEEENNNN!!

OLLO PIOLLO !Espero que cumplirades as normas que colgamos na web do cole para sair con responsabilidade e poder regresar todos e todas á normalidade moi pronto!

Nós tamén saimos. Fumos SOPA, LASAÑA e máis EU. Ao final fixéronse moi amigas, agora toléanme as dúas!!E coma sempre;  liáronme para poñervos as actividades!  Pero primeiro estiveron xogando aos disfraces.....xa vedes que pintan sacaron na foto!! Tiven que cantarlles a canción de "recoller" tres veces!! Porque deixaron os trapos, capas, saias, gorras, lentes,....todas por ahí tiradas!




Sopa e Lasaña querense tanto que se dan moitas apertas, por iso vos recomendo que escoitedes este conto "El libro de los abrazos"enlace
Despois de escoitar o conto como pensades que serán as apertas que se dan Sopa e Lasaña? Podedes debuxalas;  OLLO PIOLLO coas cores que ten Lasaña, tedes que coloreala igualiña, eh?
Tamén podedes debuxar a aperta que máis vos gustou do conto, ou ben debuxaros abrazando a algún familiar!!! Ayyyy estamos taaaan content@s por sair que repartimos apertas na casa!!

- E porque non? Seguemos a xogar coas trabalínguas , pulsamos no enlace e co cursor baixamos ata chegar a "Pasei polo rio"enlace
A ver se somos capaces de aprendelo durante a semana e non vos fai un lío a língua!

- E para seguir coas vogais esta semana imos incorporando unha das vellas coñecidas, a vogal "I". A máis sinxela de facer, é un pao grande e se a facemos pequena temos que poñerlle un punto enriba "i".

- Lembrades como soa? No conto eran uns ratos que asustados escaparon ao monte para esconderse debaixo dunhas follas secas ; os irmáns Pepita e Miguel que eran moi trastes saltaban enriba delas....así que os ratos chíaban asustados "iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii"!!! (levantamos un dedo -o índice-).

- Coma sempre hai primeiro que buscala no noso nome e tamén atopala nos nomes dos compañeiros/as. Podemos facela nunha folla en grande e decorala como queiramos, despois podemos pegala nalgunha parte da habitación ou pasillo e imos así adornando a nosa casa coas vogais que imos facendo. E se escoitamos a canción das vogais (podedes buscala á dereita deste blogue, clickeando no curso, o día que foi publicada), podemos ir sinalando aquelas que vai dicindo a canción.


En breve teredes os vosos libros na casa. Xa podedes seguir avanzando neles, facendo pouco a pouco as fichiñas.

- O libro de "Grafomotricidade" onde aparecen tódolos monstros amigos de Lasaña: Para traballar con el temos que facer o seguinte; na parte de atrás da ficha indicate o que debes facer, si é repasar un camiño de puntos lembrade que primeiro o facemos en lápis moi despaciño procurando non sair deles e despois con rotulador (a ser posible de punta grosa).OLLO PIOLLO: Tedes que empezar no punto vermello e seguer o sentido que marca a flechiña pequena . Unha vez feito os camiños de puntos podemos colorear os monstros, sen sairse por fóra e enchendo ben os ocos.

- O libro de "Matemáticas 1": Nel aprendemos moitas cousas relacionadas coas matemáticas. Na parte de atrás da ficha indicate o que tes que facer, ás veces tamén temos actividades pola parte de atrás das fichas, hai que prestar moita atención. Se non temos actividades por detrás podemos facer un debuxo libre do que queiramos. Xa sabedes que si hai que repasar por unha liña de puntos primeiro o facemos cun lápis e despois cun rotulador. OLLO PIOLLO: Ter moito coidado coa direccionalidade á hora de repasalo, empezar no punto vermello.

Se imos traballar co nº 3, é importante que primeiro xoguemos a facer grupos de tres cosas e ir contando cantas temos, sinalando ao mesmo tempo o nº 3; así eles/elas van relacionando a cantidade coa grafía. Tamén podemos pedirlle que nos traigan tres cousas, e que nola conten no momento de darnoslas, asi comproban se o fan ben ou se confundiron e van rectificando.
Podemos escoitar  cancións dos números que hai en youtube.

- O libro da "Mariquita": Este proxecto relacionámolo coa horta ("a mesa de cultivo") que temos. Grazas as xoaniñas coñecemos máis o hábitat onde medran as prantas. Na parte de atrás das fichas indica o que tes que facer. Lembrar que ao rematar poñemos o nome por detrás da ficha. Este cadernillo ten pegatinas e recortables, para saber onde toca empregalos ten un nº neles que indica a que ficha a que  corresponde.

OLLO PIOLLO:Facer unha fichiña de cada caderno, ir cambiándolles de caderno. Sen forzarlles moito. Hai nenos/as que as fan sen dificultade e poden facer tres ao día, como hai que soamente son capaces de facer unha. Así que respetamos o ritmo de traballo de cada neno/a. O que sí esiximos é que se fagan ben, millor poucas e ben feitas que non moitas e mal. O máis importante é facelas ben (dentro das posibilidades de cada neno/a).

Espero que xoguedes moito, que recollades todo e que mandedes bicos de fresa ao aire, que seguro algún me chega!!!

BICOS DE FRESA E APERTAS DULCES
E POR PARTE DE LASAÑA E SOPA LAMBETONES DE CHOCOLATE

A vosa titora PAQUI



No hay comentarios:

Publicar un comentario