Bo día a todos e todas!!
Chegou a fase 2!!! Estamos a facelo moi ben, así que xa podemos meternos na auga da praia!!
Espero que traballedes nos cadernos. Podedes debuxar algunha xoaniña e pintala das cores que teñen, lembrade que tamén de vermella con puntos negros as hai amarelas, laranxas, etc. e incluso podedes crear vós unha nova "raza" de xoaniña.
Imos trazar as vogais a través do xogo, prememos no enlace
Non esquezamos que podemos bailar tamén con cancións sobre as vogais. Premer no seguinte
enlacePodemos xogar coas mans con axuda da familia. Prememos no enlace
Neste xogo ás familias os dan información de como facelo cos/coas nenos/nenas.
Ide facendo os cadernillos, pouco a pouco, repasando ben polas liñas e coloreando despaciño para non sairse e enchendo ben o espazo, sen deixar ocos en branco. E como xa chegou a calor e temos a praia preto, podemos facer moitos debuxos acerca da praia ou da piscina (se temos na casa).
Moitos bicos de auga e apertas de sol
A vosa titora Paqui
No hay comentarios:
Publicar un comentario