martes, 2 de junio de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día a tod@s!!

Aínda que choveu e tronou o sol non nos abandonou, así que podemos ir a praia deseguido!
Que ben xogar coa area, facer castillos, chapuzar coa auga, facer figuriñas, facer buratos  coa pala, etc.

Espero que os vaia ben cos cadernillos, facendoos despaciño pero sen tregua!!

Lembrade que hai que facelos ben, coidando de non sairse polas liñas e coloreando enchendo todos os ocos.

 Hai que traballar e non protestar, facendo caso ás nais, pais, avóas, avós, tios, tias, etc. cando nos manden facer algo.

Seguemos a traballar a memoria, coa orella pendella! Seguendo as indicacións para as familias e traballlar cos nenos/as, facemos "Man morta". Prememos no enlace

Podemos buscar cancións nos enlaces doutros dias ou mesmo escribindo en youtube cancións de vogais.

As familias poden escoller unha vogal e facela nun papel para que os nenos e as nenas as repasen e non perdan práctica. Así mesmo cos números.

Podemos seguir facendo un pouco de psicomotricidade na praia ou na rúa, dando saltos pequenos e saltos grandes, dando pasos pequeños e pasos grandes, abrendo e pechando as pernas, abrendo e pechando os brazos!!

Espero que esta semana traballedes e xoguedes moito!

Moitos bicos de xeado e apertas de chuches
A vosa titora Paqui

No hay comentarios:

Publicar un comentario