REPASO DE CIENCIAS SOCIAIS
1. A terra ten un só satélite , a Lúa .Pero outros planetas do sistema
solar teñen moitos máis . Cantos satélites ten Xúpiter ?
2. Nomea as fases lunares .
3. Para qué serve un globo terráqueo ?
4. Explica coas túas palabras por que as Illas Canarias teñen unha hora menos que o resto de España .
5. Indica se estas afirmacións son verdadeiras ou falsas .
- Plutón é un planeta anano que antes foi considerado planeta .
- A partir dos planetas fórmanse as nebulosas .
- Os satélites son bólas de po e xeo .
- Os planetas son corpos rochosos ou gasosos de forma esférica .
- As nebulosas son enormes nubes de gas e po .
6. Escribe os nomes dos oito planetas do sistema solar .
7. En que consisten os movementos de rotación e de translación da Terra ?
8. Canto tempo tarda a Terra en realizar o movemento de rotación ? E o de translación ?
9. Sinala se as seguintes oracións son verdadeiras ou falsas .
- Canto máis elevado é un lugar con respecto ao nivel do mar , máis baixa é a temperatura .
- As zonas próximas ao ecuador son máis frías porque os raios solares son menos intensos .
- O clima é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados .
- A presión atmosférica está provocada polo peso do aire sobre a Terra.
10. Enumera os factores climáticos .
11. Une cada elemento atmosférico co seu instrumento :
Temperatura Viraventos e anemómetro
Vento Barómetro
Precipitacións Termómetro
Humidade Pluviómetro
Presión atmosférica Higrómetro
12. Relaciona.
Localización Clima
Comunidade de Madrid oceánico
Galicia subtropical
Rexión de Murcia mediterráneo
Pireneos de montaña
Illas Canarias continental
13 . Como se chaman as bólas de po e xeo que teñen unha especie de colas de vapor de auga que brillan ao pasar polas proximidades das estrelas ?
14. Onde se sitúan os territorios que forman o Estado español ?
- No hemisferio sur .
- No ecuador .
- No hemisferio norte .
15. Cal é o pico ou cume máis alto de Epaña ?
- Aneto
- Mulhacén
- Teide
16. Onde se localizan os Montes Vascos ?
- Entre a Cordilleira Cantábrica e os Pireneos .
- Entre os Pireneos e a desembocadura do río Ebro .
17. Defíne :
- Climograma
- Latitude
- Meteoroloxía
TODOS OS ALUMNOS/AS ENVIARÁN ESTE TRABALLO AO MEU CORREO ELECTRÓNICO .
No hay comentarios:
Publicar un comentario