lunes, 16 de marzo de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola familias:
Para os/as máis pequenos/as do colexio hai unha serie de actividades que podedes facer con eles/elas en casa.
-  É moi importante que xoguen con plastilina, que lles axuda na adquisición das habilidades para unha posterior iniciación á escritura (reforza o ton muscular, exercita os dedos, axuda a unha boa grafomotricidade fina, etc).
- Tamén poden debuxar e colorear:  para colorear reforzar que procuren non sair da liña do debuxo e rechear o máximo posible, sen deixar ocos en branco.
- Estamos a traballar co número 1 e o 2, podedes facerlle con puntitos o número en grande  e que eles/elas o repasen por enriba cun lapis e cun rotulador, poden pegarlle plastilina por riba, repasar co dedo cheo de témpera ou pintura de dedos, pegarlle unha lá ou fío de calqueira cor e grosor, etc
- Deben practicar o seu nome, escribilo con maiúsculas, repasalo varias veces (podedes escribilo vós e eles/elas o repiten por debaixo, aínda que a maioría xa o sabe facer soiño/a).
- Calquera manualidade será benvida, se a facedes xuntos millor.
- Podedes facer xogos de agrupamentos de cores co que teñades por casa, por tamaños (grande-pequeño), por formas (circulo-cuadrado), también podedes traballar o concepto uno- muchos,etc
- Xogar a disfraces lles gusta moito e facer de distintos personaxes axuda a súa creatividade e imaxinación, tamén crear diálogos con eles/elas fomenta a expresión oral.
- Eles/elas coñecen ao "gusaniño Pipo", poden debuxalo en diferentes situacións, comendo unha mazá, bailando, etc. Aqui a creatividade ao poder!!!
- Podedes facer sinxelas receitas de cociña, onde os/as nenos/as poden experimentar cos distintos alimentos, pesalos, facer medicións, etc e o millor de todo, comer o que cociñedes!!!
- Hai tamén páxinas en youtube para facer exercicios de grafomotricidade sinxelos con eles/elas, que seguramente poña a mestra de inglés, estade atentos no apartado de inglés.
- Hai innumerables contos para que estes dias podades releer na casa ou buscalos en youtube. Aqui vos deixo un enlace de un deles.https://youtu.be/VFLiD25KwSA
- Ademáis podedes facer actividades do conto.
- Otro enlace para daros ideas para hacer na casa
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/juegos-para-ninos/juegos-para-ninos-de-3-anos/

Un saúdo e ánimo.

A Titora

PD: Para calquera dúbida tedes o meu correo electrónico na web

No hay comentarios:

Publicar un comentario