lunes, 16 de marzo de 2020

6º primaria martes17


MARTES 17

Estiven pensando que poderiades facer un diario durante o tempo que teñamos que estar na casa. Xa sei que me ides dicir que non tedes moitas “novidades”, pero se trata de facer un exercicio onde “xoguedes” coa linguaxe (igual sae daquí algún escritor/a, xornalista…).


Para elo seguide as seguintes pautas (que xa temos comentado en clase):

  •   Empeza cunha oración de introducción. 
  •   Continúa contando o máis salientable de forma ordenada.
  •  Remata cunha oración que serva de conclusión.
  •  Intenta empregar un vocabulario variado e rico (con adxectivos; sinónimos e pronomes, para non repetir as mesmas palabras; usa conectores entre as distintas oracións…)
  • Ao finalizar, volve a lelo como si o houbese feito outra persoa e o tiveses que correxir ti… Seguro que hai algunhas cousas que cambiarías… Faino.
  • Fai este traballo con interés e sen presas. Non ten que ser moi longo, pero si que ten que estar BEN FEITO.
  • Se queres podes completalo con algún debuxo.

MATEMÁTICAS


Haz los problemas de la página 107.

Fíjate bien en los datos que te dan y qué es lo que te preguntan. Razónalo y piensa qué operaciones tienes que hacer para resolverlos.



GALEGO

1. Escribe palabras derivadas de:

-         Pesca

-         Sal

-         Barco

2 . Escribe cinco palabras compostas e fai unha oración con cada unha delas. 

3. Clasifica os seguintes nomes de peixes segundo sexan de río ou de mar: rodaballo, sardiña, troita, salmón, pescada, anguía, ollomol (lembra que podes consultar o dicionario da RAG).


No hay comentarios:

Publicar un comentario