lunes, 16 de marzo de 2020

5º e 6º de infantil

Bos días, queridos alumnos e familias:
debido a esta situación anómala, non podemos vernos, pero estaremos en contacto no meu corrreo.

E o momento idóneo para que contedes cos vosos fillos en tarefas pequenas como ordear, vestirse sós, bailar, cantar, serán momentos de intimidade que vos van resultar moi gratificantes.
Poden axudar na cociña: lavando as verduras, medindo e engadindo cantidades nas receitas... lavando os cacharros e utensilios empregados.

Mais formalmente en Matematicas estamos vendo os números ata o 9 cos de 5 anos e ata o 6 cos de catro. Saben contar moito mais, podedes empregar o calendario como facemos a diario para contar e cambiar a data. Poden debuxar e recortar figuras xeométricas: cuadrado, círculo, triángulo, óvalo, rombo.
Lede contos con eles e que se esforcen en ler pequenas palabras: coñecemos as letras T, S, L, M, P, D,.
Podedes recortar e pega de vellas revistas e folletos que recibades de publicidade.
Poden debuxar. En internent hay páxinas de debuxos para impremer con que poñades debuxos para infantil xa vos saen.
Na páxina Letras que suenan, atoparedes un montón de exercicios, que fan diariamente, de lectoescritura.
Para empezar hai dabondo. Ireivos dando mais estes días. Sobre todo moito ánimo para levar o mellor posible estes días de encerro.
 Unha Aperta para todos.Julia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario