domingo, 15 de marzo de 2020
INGLÉS PARA INFANTIL E PRIMARIA
BENVIDOS E BENVIDAS AO BLOGUE DE INGLÉS DO SAN SALVADOR !
DADO QUE ESTAREMOS NA CASA UN TEMPO IMOS APRENDER E A COMUNICARNOS A TRAVÉS DO ORDENADOR . PARA ISO CONTAMOS CON ESTE RECURSO E CO MEU CORREO ELECTRÓNICO QUE PODEDES UTILIZAR A DIARIO DE LUNS A VENRES E TANTAS VECES COMO NECESITEDES PARA CONSULTAR DÚBIDAS OU FACERME CHEGAR OS VOSOS COMENTARIOS .
HAI UNHA SECCIÓN DE COMPRENSIÓN LECTORA DIVIDIDA EN TRES NIVEIS : BÁSICO , MEDIO E MEDIO-ALTO. POR FAVOR ,ENTRADE NO NIVEL QUE SE AXUSTE MELLOR A VÓS E AOS VOSOS INTERESES E GUSTOS . É MOI IMPORTANTE QUE LEADES E RESPONDADES ÁS PREGUNTAS TANTO COMO SEXA POSIBLE .
AINDA QUE OS ENLACES E ACTIVIDADES ESTÁN AGRUPADOS POR CURSOS, NON DUBIDEDES EN ENTRAR NOUTROS CURSOS INFERIORES OU SUPERIORES . TAL VEZ VOS SIRVA PARA RECORDAR O APRENDIDO OU DESCUBRIR ALGO NOVO.
A IDEA É QUE O ALUMNADO DE INFANTIL ESCOITE ALGUNHA CANCIÓN, CONTO OU DIÁLOGO BREVE CON REGULARIDADE. FIXEN UNHA SELECCIÓN DOS TRABALLADOS NA AULA CON ELES E TAMÉN ENGADÍN ALGÚN MATERIAL NOVO PARA ESTIMULALOS E QUE APRENDAN NOVOS CONTIDOS.
FACEDE UN POUCO CADA DÍA E ESTAMOS EN CONTACTO .
MOITO ÁNIMO A TODOS E TODAS !
TEACHER EVA .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario