lunes, 20 de abril de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ola a todos e todas de novo!!!
Hoxe colouse por aqui unha coñecida vosa....non habia maneira de que me deixase tranquila! Tiven que traela a miña casa porque tiña a clase toda revolta, pero antes tivo que recoller todo e ao son da canción que cantábamos na clase, lembrades?Espero que en casa tamén recollades todo cando rematedes de xogar,eh?

"A recoller, a ordenar
cada cousiña no seu lugar"
E como quere facer amiguiños e amiguiñas vouvos deixar un enlace para facer na casa marionetas de dedo https://www.youtube.com/watch?v=P0akn0fq9iU
A ver cantos amiguiñ@s facedes!!! Vaise poñer moi contenta 

- E como é unha tola e lle gusta bailar moito (xa a coñecedes) mando este enlace para que bailedes na casa como fai ela aqui!https://www.youtube.com/results?search query=la+gallina+pintadita
Así que na miña casa tocará bailar, coma tolas, as dúas máis a miña cadela SOPA "la gallina pintadita"  Yupiiiiiiii

- E como lle gusta xogar coa língua, esa coa que sempre os quere lamber as caras, ahí vos deixo un enlace para facer pequenos trabalínguas, disparates, etc. https://orellapendella.gal/category/trabalínguas/
Familia unha vez que entredes no enlace hai moitos trabalínguas pero tedes que baixar co cursor ata atopar "a pita pasa" que é máis axeitado para a súa idade, a ver se son capaces de aprendelo durante esta semana

- Na miña casa tiven que crear un espazo de calma para Lasaña, porque xa sabedes como é...toleaba a miña cadela SOPA! Así que pensei que o millor tamén podedes facer un na vosa casa, sabedes como se fai? PODEDES FACELO CUNHA SABA POSTA ENRIBA DUNHA MESA PARA CUBRILA , METEROS DEBAIXO E CUN TARRIÑO DE CALMA (QUE É UN BOTE DE AUGA CON PURPURINA).

- O conto de esta semana será o titulado "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza",seguro que algún ten este conto na casa, pero como non sei si LASAÑA terá algo que ver co que lle apareceu á pobre toupiña na cabeza prefiro que o miredes e me contedes se é certo ou non, porque como é moi traste pudo facelo ela, non sei eu....
Podedes debuxar quén foi o que lle fixo aquilo na cabeza a pobre toupiña , sería Lasaña? ou ben debuxar a personaxe do conto que máis vos gustara, ou mesmo debuxar a Lasaña!

- E por último esta semana imos traballar coa vogal "A", cantas "A" ten LASAÑA no seu nome? Podedes debuxar unha "A" grandísima nun folio e decorala como queirades, buscar se no teu nome hai "A" ou mesmo buscala nos nomes dos vosos/vosas compañeir@s de clase! 

- Tamén a vosa familia pode escribir nun folio todas as vocais en maiúscula (facer moitas, encher a folla) e vos soamente rodear as "A" e se queredes repasar a "O", pois cada unha a pechais dunha cor.

- Lembrar que no conto das letras a "A" era cando Pepita choraba cando escoitaba o lobo e abría moito a boca coa man na cara (moflete), e choraba moiiii alto AAAAAAAAAA.

- Podedes facer os números 1 e 2, coidando a direccionalidade. A familia pode poñer moitos números nunha folla e vos rodeades o un de vermello e o dous de amarelo. Facemos seriacións debuxando círculos un vermello, dous amarelos, un vermello, dous amarelos, e asi sucesivamente.

Bueno familia, espero que teñades unha boa semana e que aprendades xogando. Xa queda menos!!! 
Bicos de cores e apertas de sabores!!
A vosa titora Paqui

No hay comentarios:

Publicar un comentario