Bos días:
Que tal a fin de semana? Espero que descansárades para comenzar unha nova semana con forzas.
Imos aló.
Escoitamos o conto "O Mago Rosa".
a) Fai a ficha do conto:
TÍTULO: ..........................................
NOME DOS AUTORES: ................
NOME DO ILUSTRADOR: ............
EDITORIAL: ...................................
RESUMO DO CONTO: ...................
QUE FOI O QUE MÁIS CHE GUSTOU ? .........................
E O QUE MENOS? : ................................
b) Responde as seguintes preguntas:
- Explica en que consiste o invento do Mago Rosa
- Cal era a palabra máxica? que quere dicir se a les ao revés?
-Que lugares visitou para probar o seu invento?
-Cal foi o castigo do Mago Rosa por ser tan malo coa árbore?
c) Describe ao Mago Rosa. Lembra os pasos que estudiamos para describir persoas no seguinte enlace.
Debes facelo en galego e emprega oracións longas evitando repetir palabras. Por último, no conto danche pistas de como é o carácter do Mago.
d) Ordena alfabeticamente as seguintes palabras que aparecen no conto:
mago, paxaro, pazo, banco, maceira
e) Separa en sílabas e rodea a sílaba tónica as palabras do exercicio anterior.
f) A maceira, o paxaro e o mago son seres vivos. Como os distinguimos dos seres inertes? Revisa a páxina 9 de ciencias naturais.
g) Estudiamos a maceira:
-En cantas partes ten dividido o seu corpo? Explícaas (páxina 26 do libro de C.naturais)
-Que tipo de planta é? (páxina 28)
-É unha planta con semente ou sen semente?
-Debuxa unha flor e ponlle as súas partes.
-Explica como se forma unha mazá. Lembra que a mazá é o froito da maceira (páxina 27)
-Investiga que ingredentes precisas para facer marmelada de mazá
f) A maceira tiña na súa copa 6 niños con 4 ovos cada un. Cantos ovos hai en total?
g) Se collemos 897 kilos de mazás e as repartimos en 4 caixas, cantas mazás poñemos en cada caixa? Sobra algunha?
Ata mañá rapaces e rapazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario