Ola familias!
Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA e dende a Biblioteca querémosvos propoñer que ademáis de ler poesía, que de seguro tedes algún libro na casa ou podedes buscar en internet, vos animedes a escribir "Poemas en familia". Seguro que entre todos/as crearedes poesías coas que logo poderiamos facer unha exposición no cole. A temática pode ser moi variada (lembrade que o proxecto deste ano son "As profesións" e neste momento tan especial hai algunhas que se merecen que lle fagamos unha homenaxe...) Estes poemas poden estar ilustrados con debuxos nos que poden participar os máis pequenos da casa...
Esperamos a vosa colaboración!
Ánimo a todos e que a POESÍA nos axude a sobrelevar estes momentos ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario