martes, 24 de marzo de 2020

VENTO, VENTIÑO,VENTEIRO (1º E.P.)

Como non puidemos ler o libro
Escribo un poema e o imos lendo na casa. Parécevos?

AS FOLLAS DUNHA ARBORIÑA
MOVIDAS POR VENTOS LOUROS
QUERÍAN QUE LLES TECESEN
VESTIDOS FEITOS EN OURO.
MAIS OS VENTOS ANOXADOS
POLA FACHENDA DAS FOLLAS
SOPRARON CON TANTA FORZA
QUE CAERON CASE TODAS.

Este é un dos poemas. A ver se o aprendedes de memoria!
se non entendedes algunha palabra hai enlaces aos dicionarios na páxina web.
Ata pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario