Bos días a todos.
¿Cómo estamos? De certo que todos portándovos moi ben e axudando na casa e a que todos pasemos estos días moi axiña.
Lembrade que podedes facer moitas cousas, sempre preguntando aos papás e as mamás en qué podedes axudar. Lembrade lavar moi ben as mans!!! Ah, e os dentes.
Hoxe imos xogar as Adiviñas!
Pedide axuda para que volas lean... ou mellor ¿cántas palabras podedes ler soíños? De certo que mais das que pensabades. Logo tentade adiviñar cal é a resposta. E cando o saibades retade aos irmáns e aos papás e mamás. Pregúntádelle e seguro que eles saben outras. Xogade as adiviñas con todos os que poidades. Un biquiño.
Ah, lembrade que no CD de Flocos de Millo tedes un montón de xogos para afianzar todas as competencias. Tamén lembradevos de ver Letras que Suenan ou o Monosílabo que vos gustan moito.
Unha aperta vitual de Julia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario