jueves, 2 de abril de 2020

6º Primaria


Bo día!
Hai familias que teñen problemas porque intenta mandar os correos e non lle “ entran”. Eso é porque pesan moito os arquivos que mandades e se me satura o correo. Eu procuro ir eliminando a medida que vou correxindo, pero sodes moitos a mandar e hai momentos que está completo. Cando vos pase, intentade facelo un pouco máis tarde. Tamén estaría ben, para que non pasara esto, que mandásedes cada día só os deberes do día anterior. Grazas.
Imos co traballo para hoxe.
GALEGO

Onte tivestes algún problema cos determinantes. Aínda que os definistes ben, a hora de facer as oracións , algúns confundistelos cos pronomes, que son parecidos. Pero lembrade que os determinantes ACOMPAÑAN SEMPRE A UN NOME e os pronomes NUNCA ACOMPAÑAN AO NOME.

1.       Indica se as palabras subliñadas son determinantes ou  pronomes:
·         Os meus amigos están na súa casa.
·         Esta libreta é miña.
·         Algúns nenos fixeron moi ben os exercicios
·         Aquela pelota é túa?
·         Ti tes  dez cromos; eu, sete.
·         Cantos exercicios fixeches onte? Non sei cantos.

2.       Indica de que clase son os determinantes que sinalaches no exercicio anterior.



C. DA NATUREZA

Realiza os exercicios da páx. 77 : 5, 6, 7, 8.


MATEMÁTICAS

Hoy vais a intentar hacer el desafío de la pág. 109

No hay comentarios:

Publicar un comentario