viernes, 15 de mayo de 2020

6º Primaria


Bo día! Xa temos aquí a fin de semana! E non é unha fin de semana calquera…Celebramos o domingo 17 O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Lembrades que este ano se lle adican a Ricardo Carballo Calero (xa falamos del na clase e fixemos un cartel que podedes ver neste blog).
Así que hoxe o traballo que vos propoño ten que ver con este persoeiro. Póñovos aquí o enlace onde podedes ler e escoitar o seu conto e varias cantigas de “As pitas baixo a choiva” http://aspitas.gal/. Tedes unha serie de actividades que tamén podedes facer. As que eu quero que me mandedes son as seguintes:

1.      Escribe unha pequena biografía sobre o autor

2.      Contesta por escrito:
   ✎Que personaxes interveñen no conto ?
   ✎Onde pasaba o verán o neno?
   ✎De que se alimentaban as galiñas?
   ✎Como procuraban o alimento?
   ✎Que miraba o neno dende a xanela?
   ✎Que fixo cando empezou a chover?
   ✎Que día da semana o visitaba o pai ?
   ✎Que quere dicir: ...“Tiñamos unha cabuxa ... que ía trás de nós, como un cadeliño...?”
   ✎Onde pasaba moito tempo o neno ?
   ✎En que cavilaba o neno ?
   ✎Como lle axudaron os seus familiares?
   ✎Que lle pasou á avoa?
   ✎Como remataron todos?
   ✎Quen escribiu este relato?
   ✎ Que sabes do autor?

Boa fin de semana!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario