Bo día! Seguimos co
repaso. Pero hoxe traballaremos algo que deixamos un pouco de lado nesta “nova circunstancia”: Plástica.
GALEGO
1. Le o texto e
contesta as preguntas:
Mamá Matilde
estaba na cociña, como Daniela supuxera. Tras saudárense con dous bicos, a nena
dispúxose a dar conta do apetitoso almorzo que lle preparara a avoa. A noite
anterior case non ceara nada, era a moita a fame que sentía. O primeiro que
fixo foi coller un anaco de biscoito e esfaragullalo na mesa, para que
Edu-pardal puidese comer algo. E, mentres atendía ao que a avoa lle contaba,
reparou en que as faragullas ían desaparecendo ata que o mantel quedou limpo de
todo. Con disimulo, repetiu a operación outras dúas veces máis.
—E Henrick e a
tía Vero? Xa almorzaron?
—Vaiche boa que
o fixeron! Empézanche a traballar ás oito, niso son puntuais coma reloxos.
—E cando
volven?
—Non volven de
ningures, nena. Traballan aquí, ao pé da casa.
Agustín Fernández Paz: Desde unha estrela distante,
ed. Galaxia.
a) Quenes son
os protagonistas da historia?
b) Onde están?
c) Que momento
do día é?
d) Por que a
nena tiña tanta fame?
e) A quen lle
da o biscoito?
f) Busca no
diccionario un sinónimo de pardal.
g) Onde
traballan Henrick e a tía Vero?
2. Relaciona
cada palabra co seu sinónimo:
fieito colmea
niñeiro
xesta
tobo
niño
Abelleira
tobeira
3. Escribe unha
oración coas seguintes frases feitas:
Meter o zoco:
Andar na verza:
4. Coloca os
puntos e as comas que faltan nestas oracións:
- Óscar que estaba moi canso foi o primeiro en marchar para a casa
- Alí estaba todo o mundo: os meus vecinos a miña familia os compañeiros
e compañeiras de clase...
- Escoita
Manuel que estou falando contigo
PLÁSTICA
Vamos a averiguar algo sobre a vida e
obra de JOAN MIRÓ. Para elo podemos ver o seguinte video https://www.youtube.com/watch?v=-Zp7Du1ckaY.
Que, gustouvos? Entendedes porque
dicían que pintaba coma os nenos?
Pois imos facer un pequeno traballo
sobre el.
Primeiro ides buscar e escribir os
datos máis importantes da súa biografía:
-
Lugar e data de nacemento e de
falecemento.
-
Estudos.
-
Movemento pictórico ao que pertence.
-
Obras máis importantes.
-
Colores que emprega.
-
Figuras que pinta…
Logo facede un debuxo, que pode ser
unha copia dunha obra del ou algo inventado por vós pero coa temática que el
representaba nas súas obras.
Para mandarme este traballo tedes DÚAS SEMANAS. Tempo suficiente para que
o fagades con calma e ben. Espero que vos guste e disfrutedes facendo!
Ata mañá!
jaaaaajajajajajajaajajaj
ResponderEliminarES BROMA ESTA CHIDO BRO
ResponderEliminar