Ola de novo:
Que tal vai a investigación?
Cando a teñades feita, sacádelle unhas fotos e mandarma ao correo terceirosansalvador@gmail.com.
PARA AS FAMILIAS: na páxina web do cole, tendes un resumo das instruccións que se deben seguir neste terceiro trimestre, así coma un enlace á páxina da Xunta onde está a instrucción completa.
Hoxe seguimos co homenaxeado deste ano: Ricardo Carvalho Calero.
Imos ler a súa biografía e facer os exercicios que seguen a continuación. So facemos ata a páxina 6. As demáis páxinas farémolas entre mañán e pasado.
Se non podes imprimir, non fai falta que copies as sopas de letras nen os encrucillados. Escribe as respostas e xa está.
Como actividade de ampliación (non obrigatoria) podedes xogar neste enlace coa biografía do autor.
Mañán máis e mellor
No hay comentarios:
Publicar un comentario