martes, 16 de junio de 2020

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día a toda a familia!!
Estamos ás portas das vacacións de verán!



Estades preparad@s para pasarlo moi ben?

Non esquezades os cadernillos de traballo, traballaremos neles ata rematalos, un pouquiño cada día. Sempre co mesmo xeitiño, despaciño procurando non saírse das liñas de puntos e coloreando enchendo ocos en branco.

Repasando as vogais e os números ata o nº tres. Facendo agrupacións, contando, facendo filas, etc.
Podemos facer tamén seriacións por cores, como por exemplo algo amarelo, algo vermello, algo amarelo, algo vermello...comprincándoo metendo algo azul, ou mesmo algo cadrado, algo circular, algo cadrado,algo circular, etc.

E agora toca bailar!! Aprendemos a bailar en parella coa axuda de orella pendella! Collemos a mamá ou papá ou a alguén que haxa por casa e facemos como dí premendo neste enlace (unha, dúas,tres).

E como estamos moi contentos/as porque chegan as vacacións prememos neste enlace e aprendemos a bailar facendo como no video. Seguro que coñecedes a canción!!

Disfrutade moito desta semana!

Moitos bicos de sol e apertas de area!
A vosa titora Paqui



No hay comentarios:

Publicar un comentario