Ola rapaces e rapazas:
Neste blogue vou poñer algunhas actividades que podedes facer nestes días que temos que estar na casa.
1º, 2º, 3º, 4º:
Nos seguintes enlaces que poño a continuación tedes algunha das cancións que bailamos nas clases:
Baby Shark
Fui al mercado
La mané
En la selva me encontré
Ademais propoñovos o seguinte circuito:
Saimos do salón da casa correndo. Imos a cociña e imos hasta o final dando saltos cos pes xuntos. Ao chegar ao final voltamos correndo ao salón. De novo saimos correndo á habitación onde teremos preparada unha canastra (caldeiro, papaleira,...) e cunha bola de papel temos que facer 5 canastras. De novo correndo ao salón. Agora imos correndo ao baño e alí damos 5 saltos todo o mais alto que cheguemos. Volta de novo ao salón correndo e saída a outra habitación. Nesta nova estación pasaremos por debaixo da cama ida e volta e voltamos correndo ao salón.
Podedes repetir este circuito 4 ou 5 veces facendo un descanso entre cada repetición. Se queredes podedes repetilo pola tarde.
5º e 6º:
Ademais de facer o circuito dos outros cursos, os de 5º podedes ir pensando na coreografía que esbamos a facer de acrosport e os de 6º podedes facer novos grupos por whatsapp e elexir unha canción e pensar a coreo para ela. Si facedes novos grupos, podedes poñer nos comentarios desta entrada a composición dos mesmos e a canción que elexides
No hay comentarios:
Publicar un comentario