miércoles, 25 de marzo de 2020

Mércores 25 de marzo, terceiro de EP

Ola rapaces e rapazas:

Hoxe imos traballar co conto CARABUÑAS. Podedes escoitar o conto facendo click no nome do libro. Os exercicios podes facelos todos na libreta de lengua.

Despois facemos estes exercicios:
*FICHA DO LIBRO:
Título: ..................
Autora: ...............
Ilustradora: ..................
Editorial: ..................
Que foi o que máis che gustou?: ...............

*Responde ás seguintes preguntas:
-Por que lle chaman Carabuñas?
-Que oficio ten ?
-Que cazaba?
-Con que compara Branca o nariz de Carabuñas?
-Completa as seguintes comparacións que aparecen no conto:
Branca era astuta coma un ............. e lista coma un ................

*Describe a Carabuñas e debúxao

*Axúdalle a Carabuñas a deseñar un menú saudable para o día de hoxe. Lembra que debe facer 5 comidas ao día e beber moita auga.

*Ademáis da dieta saudable, que máis cres que debe facer Carabuñas para estar sán? Tes pistas nos cadros verdes do tema 4 de ciencias naturais.

*Un día Branca acompañou a Carabuñas a un supermercado. Compraron dúas botellas de aceite a 3 euros cada unha, unha barra de pan  a 1 euro e tres kilos de mazás a 2 euros cada kilo. Canto gastaron?
Levaban un billete de 20 euros. Canto lle devolveron?

ACS: Escoita o conto de Carabuñas e responde oralmente as preguntas anteriores

No hay comentarios:

Publicar un comentario