"Eu tamén quedo en casa" estanos deixando moito tempo para pasar coas familias, compartir sentimentos, recordos, para axudarnos nas tarefas, contarnos contos...
Precisamente de contos imos falar: a proposta é INVENTAR UN CONTO, cortiño, non fai falla que sexa moi largo, sobre os OFICIOS que agora teñen que seguir a traballar para acabar con este virus.
Entre todos os da familia seguro que o conseguides.
Podédelos escribir en folios, libretas...e os podedes acompañar dun debuxo ( sei que o facedes fenomenal) que o represente.
Por último, podédesmo mandar ao meu correo electrónico que está na páxina principal da web do colexio.
Un saúdo a todos e unha aperta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario