jueves, 30 de abril de 2020

5º e 6º de Infantil

Bos días familia e alumnos e alumnas.
Hoxe está o día chuvioso tamén. Imos ver se podedes sair un pouquiño. Eu tamén poderei sair dar un paseo moi pronto, e apetéceme tanto como a vos.
Sabede que mañán é o día do Traballador e da Traballadora, é dicir, todos nós. Porque na medida das nosas posibilidades traballamos xuntos para mellorar as nosas vidas.
Hoxe imos repasar un pouco os números que xa coñecemos de sobra. Os de 5ºI ata o 6 e os de 6ºI ata o nove xa. Tamén imos facer o ordinal, lembrades? Primeiro, segundo, terceiro...


Envíovos unha nova páxina de lectura, coma as dos maiores, a ver que tal. Lembrade que se retrocedes no blog atoparedes todas as letras que xa traballaramos.


Un virtual abrazo da vosa profe que vos vota moito de menos. Julia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario