miércoles, 22 de abril de 2020

5º y 6º de Infantil


Bos días.

Hoxe é o DIA DA TERRA.
 Buscade información, con axuda, de cómo disminuiu o grao de contaminación dende que estamos confinados e as actividades humanas deixaron de enviar contaminantes a atmósfera. O aire de Vigo e España en xeral, pasou dunha calidade de 4 moi malo a 2 moi bó, nunha escala de 1 a 5.

Este é un dato que se extende a toda España, Europa e en xeral a toda a Terra.
¿Cómo podemos celebralo nós na casa? Pois podemos facer un pequeno invernadeiro.
 Lembrades como plantamos semillas, seguro. Na casa habedes ter lentellas, garabanzos, fabas...
Collede unhas pouquiñas de cada, 4 ou 5, e metedeas nunha camiña de algodón moi mollado ou de papel de cociña, senon tedes algodón.
Ocupàdevos de tela cama moi húmida durante uns días e vade observando qué acontece, como faciamos coas nosas. Podedes debuxalas, medilas, buscar información... todo o que se vos ocorra.
Ah, non esquezades poñerlle un carteliño co nome a cada pranta, senon logo non saberedes quen é quen.
Unha aperta virtual moi grande. Julia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario