miércoles, 22 de abril de 2020

6º Primaria


Bo día!  Como seguides? Parece que as cousas van mellorando pouquiño a pouco. Ánimo, que xa queda menos!

C. DA NATUREZA

Ata agora estivemos estudiando os seres vivos .  Agora é o turno de todo o que nos rodea, do que forma a Terra pero que é inerte: A MATERIA.

Imos comezar coa lectura da páxina 82 que nos fala deste matrimonio de científicos que tiveron que traballar moito e en pésimas condicións para conseguir descubrir O RADIO  (non o aparello polo que escoitamos música, noticias… se non o elemento químico que posúe radioactividade).

Lédeo atentamente e buscade o significado das palabras en negrita. Se podedes, escribide unha pequena biografía de Marie Curie (xa sabedes que as mulleres non tiñan moitas facilidades para poder estudiar e ela é todo un EXEMPLO a seguir).

GALEGO

Para contestar aos ex. 7- 8 da páxina 125 terás que ler de novo a lectura .

PLÁSTICA

Aproveitamos o tema de galego para debuxar a Pardela cincenta sobre un fondo mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario