Esperando a que poidades saír un ratiño a dar un paseo?
OLLO! con todas as precaucións, ao ladiño de papi ou mami...ou a persoa maior que vos acompañe, sen xuntarvos con outras persoas que paseen...mascarilla, guantes...En fin, xa as vosas familias volo poderán dicir.SEMPRE OBEDECÉNDOOS.
Confío en vós.
Os que teñades oportunidade de saír podedes observar as plantas e as árbores que estean polos arredores; e se non saídes e tendes algunha na vosa casa, finca, no voso piso...Fixádevos tamén.
Xa sabedes que as plantas tamén son seres VIVOS, non Inertes, porque xa o estudamos. Realizan as funcións vitáis, nacen, aliméntanse...seguro que sabedes o resto.
Imos ver o vídeo recordatorio e imos coñecer as PARTES DUNHA PLANTA.
Agora uns pouquiños exercicios escritos:
ESTE EXERCICIO PARA O LIBRO ADAPTADO.
A FAMILIA LERÁLLE AS PALABRAS E XUNTOS IRÁN VENDO DONDE DEBEN COLOCALAS.
AGORA IMOS FACER UN PEQUENO EXPERIMENTO
Ídelle sacando fotos e apuntando o día que o plantastedes, o día que votou a súa primeira raíz, o día que lle saíu a primeira folla...ou podedes ir debuxando o su crecemento😃.
Pasádeo ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario