Bos días familia e alumnos e alumnas.
Para hoxe imos repasar os números e sumar.
Lembrade que para sumar podedes coller, como axuda, garabanzos, tapóns, fabas... todo aquelo que vos permita unir cousas, porque sumar é unir, xuntar. Se vos gusta, logo podedes sumar cantos coches tedes, cantas bonecas, cantas pezas de construcción... poñéndoas en grupos. pero antes, imos contar ollos, picos e patas, ¿cántas hai?
Lembrade ler un pouquiño cada día, se non sae non vos preocupedes, se o facemos diariamente, vai sair. E aos que xa vos sae Enhora Boa, xa podedes ir lendo contos, libros, comics...
Unha aperta virtual moi forte para todos. Julia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario